Na pasada semana levouse a cabo a derradeira xornada do Obradoiro de prevención de condutas aditivas destinado ao alumnado de 5º E.P. e de educación afectiva-sexual para alumnado de 6º E.P.
Estes obradoiros foron impartidos polo equipo de psicólogos de Coidadosamente e contamos coa colaboración da ANPA Altamira para poder levar á cabo estas xornadas.
Mencionamos a continuación algún dos obxectivos que se traballaron en cada taller.
Obradoiro de condutas aditivas:
- Desenvolver competencias psicolóxicas :autoestima, tolerancia a frustración, autonomía e condución da ansiedade.
- Potenciar o sentido crítico, resolución de conflitos e toma de decisión para un uso axeitado das redes sociais.
- Capacitar e desenvolver estratexias qie permitan superar a presión de grupo e a dependencia afectiva.
- Informar dos riscos da publicidade, internet e redes sociais.
- Fomentar o uso axeitado dos dispositivos electrónicos.
- Promocionar os hábitos de vida saudables e xestión do tempo libre e ocio.
Obradoiro de educación afectiva-sexual:
- Desenvolver valores que fomenten a igualdade entre homes e mulleres, prevención da violencia de xénero ou de actitudes e comportamentos discriminatorios pola orientación sexual ou identidade de xénero.
- Propiciar dinámicas para identificar, analizar e rexeitar situación de abuso, marxinación e discriminación por razón de xénero na vida cotiá.
- Desenvolver unha actitude de naturalidade e respecto cara á sexualidade entendendo esta como unha forma de comunicación humana, fonte de saúde, pracer, afectividade e, cando se desexa reprodución.
- Ir consolidando unha identidade sexual libre de elementos de xénero discriminatorios, entendendo a plasticidade do feito sexual humano como unha realidade positiva e desenvolvendo hábitos, actitudes e condutas saudables arredor da sexualidade.
- Restablecer un dialogo e comunicación sobre os temas sexuais no interior do grupo de iguais, na familia e na escola; desenvolvendo un vocabulario preciso, non discriminatorio en relación coa sexualidade.
- Desenvolver unha actitude de naturalidade fronte á sexualidade, entendendo esta como forma de comunicación humana e fonte de saúde, pracer, afectividade…
- Desenvolver unha ética social, onde as relación entre as persoas estean baseadas na igualdade, no respecto e a responsabilidade.
- Dicirvos que nais, pais e profesorado tamén tivemos a nosa parte; nunha xornada que se desenvolveu o martes 28 de setembro cunhas charlas moi interesantes ofrecidas por Belén Montesa e Juan Carlos Permuy, psicólogos de Coidadosamente, que ofertaron pautas para abordar e traballar estes temas dende a escola e dende a casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario