A web aldealibros.com recolle as 7 regras para motivar a nenos e nenas a ler en casa. De xeito resumido serían as seguintes:
- Estarán máis motivados si o que len é relevante para as súas vidas, atopan sentido e valor á lectura.
- Estarán máis motivados cando teñen acceso a unha ampla variedade de lecturas.
- Estarán máis motivados cando teñen tempo libre para facelo.
- Estarán máis motivados cando poden escoller as súas lecturas.
- Estarán máis motivados cando poden interaccionar socialmente e falar con outros das súas lecturas favoritas.
- Estarán máis motivados cando o libro ten o nivel axeitado para eles.
- Estarán máis motivados cando se incentiva a lectura de xeito natural.
No seguinte vídeo temos recollidas 10 ideas para crear pequenos grandes lectores.
Na web ayudaparamaestros.com aparecen recollidos moitos máis recursos, ideas, curtas, estratexias... que nos van axudar a que os nosos fillos/as e/ou alumnado desenvolva o gusto e o pracer de ler.
Preme na imaxe para acceder á entrada da web
Ningún comentario:
Publicar un comentario