domingo, 29 de marzo de 2020

10 IDEAS CLAVE SOBRE NEUROEDUCACIÓN


A neuroeducación estuda o papel que xoga o cerebro no proceso de ensinanza aprendizaxe do alumnado. 
Francisco Mora doutor en Neurociencia e Mediciña, neste vídeo,  introduce o tema para ir facendo boca.



1. Comezamos a aprender desde o mesmo momento do nacemento, ou antes e non deixamos de facelo durante toda a vida. As experiencias van modificando o noso cerebro.
2. Emoción e aprendizaxe van unidas. Na emoción é onde residen os fundamentos básicos dunha boa ensinanza. Sen emoción non hai unha aprendizaxe sólida e coherente.
3. A curiosidade é a chave que abre as ventás da atención. Precisamos fomentar a curiosidade desde os primeiros anos, as ganas de aprender e a expectación polo novo e o diferente.
4.Sen atención non hai aprendizaxe.
5. O cerebro non finaliza a súa maduración ata pasada a adolescencia e esta etapa é axeitada para a aprendizaxe, o desenvolvemento da creatividade e o crecemento persoal.
6. As persoas aprendemos de maneira diferente e  beneficiámonos da interacción coa diversidade. Que aprendan xuntos estudantes con diferentes ritmos e capacidades constitúe unha riqueza.
7. Cooperación, traballo en equipo e diálogo son mecanismos fundamentais para aprender. Estamos programados para aprender a través da imitación e da interacción xa que o noso cerebro é basicamente social.
8. O xogo libre, a creatividade e imaxinación facilitan a aprendizaxe. O éxito académico e persoal esixe atender ás necesidades sociais, emocionais e físicas. Para facilitar unha aprendizaxe eficiente temos que promover a E.F. o xogo, a educación artística e a educación socio-emocional.
9. O vínculo afectivo e as expectativas dos adultos condicionan a aprendizaxe dos nenos e adolescentes. As competencias emocionais e sociais deben complementar as competencias cognitivas. Os programas de educación emocional contribúen ao benestar persoal e social.
10. O movemento e o exercicio físico son fundamentais para o desenvolvemento do cerebro e a consolidación da memoria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario