Desde hoxe é obrigatorio que usen máscara todas as persoas maiores de 6 anos na
vía pública, en espazos ao aire libre e en espazos pechados de uso público ou abertos ao
público e nos que non sexa posible manter a distancia mínima de seguridade de 2
metros entre persoas.
Non será obrigatoria a súa utilización para aquelas persoas
con dificultades respiratorias, aquelas que pola súa situación de discapacidade
ou dependencia presenten alteracións de conduta que faga inviable a súa
utilización.
Desde o Concello lémbrannos cales deben ser as medidas de
seguridade na reapertura da Casa da Cultura.
No Salón Virtual do libro de Pontevedra faise unha proposta
co fin de motivar cara ao seu uso.
Algúns consellos e estratexias que nos poden axudar a que os
nenos e nenas leven máscara poden ser:
Transmitir tranquilidade.
Usar palabras sinxelas para explicar porque os adultos levan
máscara, respostar as súas preguntas.
Dar tempo para ver e observar, para que se acostumen, practicar
o seu uso, como poñela e sacala…
Animar a decorala e personalizala dependendo do tipo que
sexa, ou decorar unha que xa non se vai usar, pódese facer en familia.
Si os nenos son de menor idade pódese comezar introducíndoa
en xogos como médicas e enfermeiros, facer obradoiros de teatro e
dramatizacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario