martes, 12 de maio de 2020

PACK DUA (Deseño Universal de Aprendizaxe) BÁSICO

Presentamos nesta entrada unha serie de ferramentas que tentan facernos ver, que en ocasións, cuns simples axustes nos nosos deseños das programacións, podemos eliminar gran parte das adaptacións curriculares e/ou  reforzos educativos  posteriores.

O documento feito por Antonio Márquez consta dun repositorio de actividades feitas co pack DUA básico e os elementos que forman parte deste documento e  que  podemos describir  do seguinte xeito:

AUDIO: Presenta a información en formato audio para que o alumno/a poida superar as barreiras sensoriais ou de comprensión.

VÍDEO: Para facilitar a axuda en formato audio – visual podemos optar por calquera ferramenta de edición de vídeo, entre outras Flipped Primary.

LÉCTURA FÁCIL: Selecciona o texto que se vai empregar para presentar a información e o das preguntas e actividades e convérteo nun texto de lectura fácil seguindo as pautas que aparecen na infografía.

APOIO VISUAL: Fai unha tradución sinxela e directa que recolla as ideas principais do texto por exemplo co programa Pictotraductor.

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: Cando lle pedimos a un alumno que exprese a súa aprendizaxe podemos atopar situacións de dificultades para planificar metas e ser consciente das súas propias habilidades cognitivas. O traballo con organizadores gráficos editables axuda ao docente nesta tarefa.

RÚBRICAS: Moito alumnado implícase mellor na tarefa si de antemán coñecen o que se espera deles na actividade e en función de isto poden elixir o seu nivel de reto e tentar mellorar e progresar na súa aprendizaxe.

PORTFOLIO: Deixa que sexa o alumnado que  decida a mellor forma de expresar as súas aprendizaxes, dito portfolio pode ser en distintos formatos tanto manuais como dixitais.  

MULTINIVEL: Presentación de actividades con diferentes niveis de dificultade en base a Taxonomía de Bloom. Ofertar ata seis niveis de dificultade cognitiva á hora de traballar un determinado contido.

COOPERATIVO: Incluír a aprendizaxe cooperativa nas aulas, aporta unha dose extra de implicación por parte do alumnado. 

Preme na imaxe para acceder á infografía

Ningún comentario:

Publicar un comentario