A rabia é unha emoción que aparece cando percibes que hai unha situación que causa dano ou inxustiza na túa vida, saber xestionala vainos permitir frear e por límites a dita situación afastándonos da mesma ou pedindo que deixen de facer iso que nos causa dor.
A frustración aparece cando non se cumpren as nosas expectativas, é dicir, cando perdes as expectativas dun logro concreto. Aprender a tolerar a frustración é fundamental para o desenvolvemento da personalidade e os adultos debemos acompañar e escoitar nos momentos nos que frustración aparece así como axudar a buscar solucións alternativas que fagan madurar a nenas/os e que estes poidan seguir adiante.
No blog de convivencia do cole este vindeiro mes de decembro facemos unha proposta de actividades para traballar na xestión de rabia e frustración, como adianto podedes ver este vídeo no que un grupo de rapaces e rapazas nos din como inflúen neles esas emocións e como fan cando se anoxan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario