O martes 19 de xaneiro entrou en vigor a Lei Orgánica de modificación da LOE (LOMLOE), tamén coñecida como Lei Celaá, despois da súa publicación no Boletín Oficial do Estado o 30 de decembro de 2020.
O calendario de implantación queda como segue:
No presente curso 2020/2021 implementaranse os cambios que afectan a:
- A admisión de alumnado.
- A Autonomía dos centros docentes.
- A participación e competencias dos Consellos Escolares.
- A selección do director/a nos centros públicos.
Os procesos relativos a selección do director/a e á admisión do alumnado que se iniciaran con anterioridade á entrada en vigor desta Lei, rexiránse pola normativa vixente no momento de iniciarse.
No curso 2021/2022 implantaranse as modificacións que afectan a:
- As modificacións introducidas na avaliación e condicións de promoción das diferentes etapas educativas.
- As modificacións introducidas nas condicións de titulación de educación secundaria obrigatoria, ciclos formativos de grao básico e bacharelato.
- A titulación das ensinanzas profesionais de música e danza.
- As condicións de acceso ás diferentes ensinanzas.
O novo curriculo, organización, obxectivos e programas implantaranse dos seguinte xeito:
- Curso 2022/2023: 1º, 3º e 5º de Educación Primaria; 1º e 3º de ESO; 1º de Bacharelato e 1º dos ciclos formativos de grao básico.
- Curso 2023/2024: 2º, 4º e 6º de Educación Primaria; 2º e 4º da ESO, 2º dos ciclos formativos de grao básico; acceso á universidade e probas diagnósticas en 4º de Educación Primaria e 2º de ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario