O
Centro Español de Documentación sobre Discapacidade (CEDD) ten como
obxectivos promover e difundir o coñecemento científico en materia de
discapacidade, proporcionar acceso á información especializada e actualizada
sobre discapacidade e asesorar no desenvolvemento e difusión das súas
actividades editoriais, formativas, investigadoras e divulgativas.
No apartado de Bibliografías temáticas temos unha serie de
contos e vídeo contos sobre a discapacidade; aquí poderemos atopar a
curtametraxe “Cuerdas” e os contos “El
secreto de Pablo” e “Marcela
inventora de palabras” entre outros moitos.
Animádevos e botádelle un ollo!
Preme na imaxe para acceder ao listado de contos e vídeo contos
Ningún comentario:
Publicar un comentario