mércores, 22 de abril de 2020

XOGAMOS EN FAMILIA

Deixámosvos estes taboleiros para que vos sentedes arredor dunha mesa cun par de dados, veredes que non son xogos competitivos pero que son moi entretidos porque nos axudan a descubrir gustos, afeccións, anécdotas de pais, nais, avós, irmáns…. E que estes tamén nos coñezan a nós un pouco mellor. Neste primeiro taboleiro precisas un dado co que vas a realizar dúas tiradas unha para a fila e outra para a columna, feito isto contesta a pregunta, ao rematar de responder pasas o dado ao seguinte para que lance el/ela o dado e responda a súa. Neste outro taboleiro, facemos un cubo no que lle pegamos unha foto ou escribimos o nome de cada xogador, despois de lanzar este cubo e ver que membro da familia nos saíu lanzamos o dado dúas veces unha tirada para a fila e outra para a columna e respondemos a pregunta sobre ese membro que nos tocou no cubo que lanzamos en primeiro lugar. Estes e máis taboleiros están na web lapizdeele.com, por si queredes descubrir algún outro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario