A partir de mañá, domingo 26 de abril os nenos e nenas xa
poderán saír á rúa como máximo una hora e unha vez ao día.
Pode ser que despois de tanto tempo na casa esteamos
preocupados, alegres, con medo… Propoñémosvos a lectura deste conto que ten de
protagonista a un oso, que como sabedes están acostumados a saír ao monte logo
de pasar os invernos hibernando e as súas sensacións, despois de pasar tanto
tempo nas covas, poden ser parecidas ás nosas.
O conto é de Carmen Esteban
Preme na imaxe para acceder ao conto
Temos este outro conto feito por María J. Palao e
Sergio García “Superhéroe contra el virus”
Conto con pictogramas que nos ensina a ser uns auténticos heroes contra o virus tamén na rúa.
Tamén vos deixamos este documento feito polo Concello de
Salceda de Caselas onde se recolle todo
o que se precisa saber para a saída á rúa de nenas e nenos.
E por último esta Guía de boas prácticas nas saídas da poboación infantil
Ningún comentario:
Publicar un comentario