A Taxonomía de Bloom é unha lista de obxectivos educativos na
que se clasifican habilidades e procesos que poden aparecer nas tarefas
educativas escolares. Esta clasificación resulta útil e eficaz para establecer
obxectivos de aprendizaxe do alumnado e así planificar o proceso de ensino. Temos
que ter claro que non é posible entender un concepto si primeiro non se lembra,
e de xeito similar, non se poden aplicar coñecementos e conceptos si non se
entende e así sucesivamente.
A modo de resume, A Taxonomía de Bloom describe e xerarquiza
unha serie de habilidades de pensamento que levan ao aprendizaxe.
Nesta táboa amósase a modo de resume unha breve descrición de
cada proceso cognitivo, as palabras clave, accións, resultados e preguntas tipo
asociados a estes.
Un exemplo coa taxonomía de Bloom:
Recordar: Sei enunciar o Teorema de Pitágoras
Comprender: Entendo a utilidade do Teorema de Pitágoras e sei identificar a hipotenusa e osa catetos
Aplicar: Sei calcular o terceiro lado dun triángulo rectángulo dados os outros dous
Analizar: Podo atopar no meu entorno casos reais onde podo aplicar o Teorema de Pitágoras para cálculos de distancias
Avaliar: Podo indicar se un problema resolto mediante o teorema de Pitágoras está ben ou non, e neste caso podo identificar e corrixir o erro
Crear: Podo plantexar problemas de aplicación do Teorema de Pitágoras e crear preguntas de elección múltiple para un cuestionario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario