Na web tododisca.com
podemos atopar una serie de curtas
relacionadas coa educación en valores moi axeitadas para estes días de
confinamento. O listado de curtas é o seguinte:
- “Piper” Historia que nos fala dos medos e como superalos.
- “Party Cloudy” Transmite o valor da amizade e a importancia de aceptar aos demais tal cal son.
- “Knit to the last day of my life” Ás veces una retirada a tempo non é una derrota.
- “Zero” Traballa temas como a discriminación e a capacidade de superación.
- “Reach” Curta que nos fala de valores como altruísmo e solidariedade.
- “Easy Life” Ensina a esforzarse cada día para aprender, madurar, superarse.
- “The Present” Aborda o tema da discapacidade dende una perspectiva infantil.
- “Retrocycling robot” Fomenta hábitos máis sostibles desde una idade máis temperá.
- “The Fantastic Flying Books of Morris Lessmore” Historia que nos fala sobre a felicidade e ganas de vivir.
- “Fort he Birds” Aborda o tema do respecto ás diferenzas.
- “Cuerdas” Traballa o tema da inclusión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario