luns, 28 de decembro de 2020

BENVIDO 2021

A Deputación de Pontevedra pon a nosa disposición os Calendarios Competenciais 2021, que inclúen, ao longo do vindeiro, ano propostas de aprendizaxe e actividades como, procura de tesouros, cine en familia, lecturas recomendadas para adultos e alumnado, educación ambiental, musical, en valores...

Podedes descargalos segundo a etapa e anímavosvos a facelo porque cremos que valen moito a pena telos á vista e de cando en vez, ir facendo as actividades que nos propoñen segundo o día.  

Calendario Competencial E. Infantil

Calendario Competencial E. Primaria

Calendario Competencial ESO

domingo, 20 de decembro de 2020

PROGRAMA ARCO

No mes de setembro solicitamos a participación no Programa ARCO (Accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación).

Este programa é cofinanciado polo Fondo Social Europeo e persegue entre outros os seguintes obxectivos:

  • Apoiar ao alumnado para mellorar o rendemento académico.
  • Xerar contornas de aprendizaxe que favorezan o desenvolvemento das competencias clave do alumnado.
  • Diminuír barreiras de aprendizaxe que dificultan acadar os obxectivos do nivel educativo.
  • Desenvolver modelos curriculares máis competenciais, interdisciplinares e participativos.
Preme na imaxe para acceder á información do Programa

Grazas a participación neste programa contamos cunha mestra máis, para, en colaboración cos titores e titoras, mellorar a atención á diversidade do alumnado nos cursos superiores.


xoves, 17 de decembro de 2020

TEMPO DE PANTALLA E FORTNITE

Esta infografía que se amosa a continuación  tenta  concienciar das consecuencias do  uso abusivo  das pantallas.

 


 

Estas outras apórtannos  unhas  nocións básicas sobre o videoxogo Fortnite, e como o abuso de videoxogos e pantallas en xeral, está directamente relacionado cunha baixa capacidade de concentración, de creatividade de imaxinación…

 


 


Documentos elaborados pola asociación Érguete

luns, 14 de decembro de 2020

GUÍA DE ORIENTACIÓNS PARA O USO DA TECNOLOXÍA NA DOCENCIA

Na web Plena Inclusión atopamos esta guía elaborada por Mabel Vilaescusa, Antonio Márquez e Pernán Goñi con consellos para evitar a fenda dixital e académica, con orientacións para mellorar a accesibilidade do alumnado aos distintos contidos dixitais, con recomendacións de como eliminar barreiras cognitivas do alumnado con discapacidade intelectual... entre outros moitos contidos.

Un recurso que semella imprescindible para unha posible docencia a distancia que continúe a liña da ensinanza presencial.

 

Preme na imaxe para acceder á Guía

martes, 8 de decembro de 2020

QUE É O DUA?




Ofertar unha resposta educativa inclusiva precisa de contextos de aprendizaxe universal, que faciliten o acceso e a participación, libre de todo tipo de barreiras, que teñan especial sensibilidade cara ao alumnado máis vulnerable ou susceptible de sufrir situacións de exclusión, de maneira que se sintan acollidos, apoiados comprendidos e poidan participar na súa comunidade educativa desde a súa propia realidade.

xoves, 3 de decembro de 2020

DÍA DA DISCAPACIDADE

Hoxe 3 de decembro conmemorase o día da discapacidade e estivemos pensando que a mellor forma de festexalo é cunha sesión de cine.

Aproveitade para ver estas curtas durante a fin de semana.

 

 Preme nas distintas imaxes para acceder ás diferentes sesións


venres, 27 de novembro de 2020

RABIA E FRUSTRACIÓN

A rabia é unha emoción que aparece cando percibes que hai unha situación que causa dano ou inxustiza na túa vida, saber xestionala  vainos permitir frear e por límites a dita situación afastándonos da mesma ou pedindo que deixen de facer iso que nos causa dor.

A frustración aparece cando non se cumpren as nosas expectativas, é dicir, cando perdes as expectativas dun logro concreto. Aprender a tolerar a frustración é fundamental para o desenvolvemento da personalidade e os adultos debemos acompañar e escoitar  nos momentos nos que frustración aparece así como axudar a buscar solucións  alternativas que fagan madurar a nenas/os  e que estes  poidan  seguir adiante.

No blog de convivencia do cole este vindeiro mes de decembro facemos unha proposta de actividades para traballar na xestión de rabia e frustración, como adianto podedes ver este vídeo no que un grupo de rapaces e rapazas nos din como inflúen neles esas emocións e  como fan  cando se anoxan.




mércores, 25 de novembro de 2020

OS 90 MELLORES LIBROS PARA DOCENTES

Achéganse as festas de Nadal e na web EDUCACIÓN3.0 fixeron unha recompilación dos 90 mellores libros para docentes, botádelle un ollo.

 

Preme na imaxe para acceder ao listado de libros

domingo, 22 de novembro de 2020

RECOMENDACIÓNS, CONSELLOS E TÉCNICAS DE ESTUDO

Compartimos con vós dous sinxelos documentos onde se recollen unha serie de recomendacións, técnicas e consellos para favorecer o estudo, consellos que será preciso telos máis en conta a medida que avancemos cursos.




Temos tamén unha presentación de Noemí Sanchez pensada, en principio para a ESO, pero que xa lle podedes ir botando un ollo o alumnado de 5º e 6º de E.P.



mércores, 18 de novembro de 2020

TOLERANCIA

Entendemos a tolerancia como unha cualidade persoal que implica aceptar as opinións, crenzas e sentimentos dos demais, comprendendo que os diferentes puntos de vista son naturais e inherentes a condición humana.

A Tolerancia tamén se traballa e podemos facelo con actividades e dinámicas como estas:

  • Predicando co exemplo.
  • Demostrando respecto cara aos demais.
  • Fomentando autoestima.
  • Falando de sentimentos.
  • Lendo contos e xogando en familia.
  • Viaxando e coñecendo diferentes culturas.
  • Corrixindo actitudes e estereotipos e valorando á diversidade.

Na web ayudaparamaestros.com atopamos 6 vídeos para traballar a tolerancia que pensamos poden ser de moita utilidade para ver na aula ou na casa.

 

 Preme na imaxe para acceder aos vídeos

Internet non pode ser unha excepción, cando navegamos pola rede precisamos rematar cos discursos de odio e apostar polo respecto e a diversidade.

Este documento resume de xeito claro e sinxelo como podemos ser máis tolerantes cando usamos ás redes sociais ou simplemente facemos uso da rede.

Preme na imaxe para acceder aos vídeos de cada un dos pasos

domingo, 15 de novembro de 2020

EMPATÍA

 A empatía é a capacidade de comprender a vida emocional da outra persoa, a capacidade que nos permite observar o que sente, poñernos nos seus zapatos.


Rafa Guerrero neste vídeo danos algunhas pistas sobre que é a empatía e como desenvolvela nos nenos e nenas.

É moi importante porque permite experimentar os seguintes beneficios:

  • Permite desfrutar das relación sociais, participando máis co grupo de amigos.
  • Facilita a resolución de conflitos.
  • Predispón a axudar aos demais e compartir
  • Desenvolve capacidades como liderado, negociación, colaboración…
  • Favorece a convivencia e é básica na prevención do acoso escolar
  • Serve para construír relacións sólidas e  enriquecedoras

    

A empatía podemos traballala do seguinte xeito:

  • Pregunta, escoita  e amosa interese.
  • Presta atención aos seus sentimentos sen xulgalos.
  • Acepta que cada persoa sente as súas propias emocións e sentimentos.
  • Expresa emocións e sentimentos propios
  • Amosa comprensión
  • Representa dramatizacións
  • Da exemplo

No seguinte vídeo danos algunhas ideas de como favorecer a empatía

Ser empáticos implica ser receptivo ante as emocións das persoas que nos rodean, e que teñamos  a capacidade de identificalas, implica comprender e aceptar o que a outra persoa sente sen xulgala.

Lourdes Otero orientadora do IES Xosé Neira Vilas comparte este emocionario para que aprendamos a expresar como nos sentimos segundo distintas variables situacionais.

xoves, 12 de novembro de 2020

GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO EDUCATIVO

Presentámosvos esta Guía co fin de que o persoal docente teña  información e ferramentas precisas para saber o que cómpre facer ante sospeitas ou coñecemento dunha situación de violencia de xénero, xa que unha adecuada intervención inicial pode ser fundamental para lograr unha eficaz atención e resolución destes casos.

 


Preme na imaxe para acceder á Guía

mércores, 4 de novembro de 2020

DIFERENTES

Presentámosvos este libro de Ángels Ponce e Miguel Gallardo que pretende que entendamos a discapacidade dun xeito sinxelo. 

Fainos ver que todos temos capacidades diferentes  cando, por exemplo, somos capaces de identificar aquelas tarefas que nos supoñen máis esforzo e dificultade para levalas a cabo.

Ao resto, o que de verdade importa,  é que nos demos conta de que todas as persoas con ou sen discapacidade temos moitas cousas en común.

 


 Preme na imaxe para acceder ao conto

venres, 30 de outubro de 2020

SAMAÍN E HALLOWEEN

Poñemos a vosa disposición una serie de materiais para festexar o Samaín.

Por una banda temos lecturas, exercicios de comprensión lectora, pastempos, tarefas de recortar e colorear….  todas en galego e feitas por compañeiros/as doutros coles.

 


Preme na imaxe para acceder ao caderno.


Ademais tamén temos cadernos de exercicios para traballar a atención e a comprensión lectora.

Preme na imaxe para acceder ao caderno.


Preme na imaxe para accceder ao caderno

18 FERRAMENTAS TIC IMPRESCINDIBLES PARA DOCENTES

Manu Velasco recolle neste documento 18 ferramentas de moita utilidade para mestres.  


martes, 27 de outubro de 2020

luns, 26 de outubro de 2020

CADERNOS DE REFORZO DESCARGABLES PARA TODOS OS CURSOS DE E.P

A Editorial La Calesa fixo uns cadernos para traballar a lectura comprensiva, ortografía, expresión escrita, matemáticas.... todo organizado en cadernos  por niveis e a disposición de familias, mestres e alumnado en xeral.

 


Caderno de repaso de 1º de E.P.

Caderno de repaso de 2º de E.P.

Caderno de repaso de 3º de E.P.

Caderno de repaso de 4º de E.P.

Caderno de repaso de 5º de E.P.

Caderno de repaso de 6º de E.P.

Para acceder preme no título do caderno que desexes.

martes, 20 de outubro de 2020

PROXECTO E.S.E. (EU SON EU)

O Programa E.S.E. (EU SON EU) é un Programa de Reforzo da Personalidade destinado ao alumnado de 4º de E.P.  impartido por persoal da Asociación Érguete para a prevención e intervención en condutas aditivas.



Comezamos esta semana coas cinco aulas de 4º E.P. Entre os obxectivos do programa atopamos:

  • Aprender a reflexionar sobre as súas propias accións e reforzar a toma de decisións.
  • Sensibilizarse cos sentimentos alleos, valorando a sensibilidade e confianza.
  • Establecer estratexias de afrontamento e comprender a importancia e valor do respecto.
  • Aprender a relacionarse expresando desagrado cando sexa preciso sen molestar.

A  sacarlle proveito rapaces.

sábado, 17 de outubro de 2020

CONVIVENCIA CEP ALTAMIRA

Desde a Comisión de Convivencia do centro crease un novo blog onde se irán subindo propostas para por en práctica nas aulas e si vos gusta, tamén  nas casas. Propostas que van desde contos, dinámicas, curtametraxes, exercicios que nos fagan pensar e reflexionar….




Botádelle un ollo, premede na imaxe para acceder ao mesmo, tamén  está o enlace colgado na parte dereita do Blog do Departamento de Orientación e  na web do cole.

martes, 6 de outubro de 2020

90 CURTAMETRAXES PARA EDUCAR EN VALORES

As curtas son un recurso fantástico para traballar temas como a amizade, a solidariedade, a tolerancia, o traballo en equipo…. Na web educacióntrespuntocero temos recompilados un total de 90 con títulos, entre os que están: O ourizo, Monsterbox, Gazpacho, French roast, Zero.... botádelle un ollo.


Preme na imaxe para acceder ás curtametraxes

martes, 29 de setembro de 2020

GUÍA DE APOIO AO ESTUDO ALUMNADO TDAH

As Fundacións INGADA e Mª José Jove publicaron unha guía de apoio ao estudo para o alumnado TDAH, pero tamén é de moita utilidade para alumnado en xeral.  


Preme na imaxe para aceder á Guía

mércores, 23 de setembro de 2020

GUÍA RÁPIDA: VOLTA SEGURA ÁS AULAS

A confederación Plena Inclusión España publicou a súa Guía rápida para un regreso seguro ás aulas, onde atopamos una serie de recomendacións e medidas que garantan unha volta ás aulas segura  para o alumnado con discapacidade intelectual.



Preme na imaxe para acceder á Guía 

xoves, 17 de setembro de 2020

BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación e Formación Profesional vén de publicar a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a algunha destas situacións: Discapacidade, trastorno grave de conduta, trastorno déficit de atención e hiperactividade asociado a trastorno grave de conduta ou discapacidade,  trastorno do espectro autista e altas capacidades. 

O prazo para solicitala é desde o 9 de agosto ao 30 de setembro de 2020. 

Convocatoria das axudas preme para acceder

Anuncio da convocatoria no BOE preme para acceder

Acceso ao servizo online preme para acceder

Pasos para solicitala preme para acceder

Unha vez impresa en formato pdf deberemos: 

- Firmar todos os membros da unidade familiar maiores de 18 anos.

- Achegar certificado de discapacidade do alumno de alomenos un 33%.

- Achegar certificado médico expedido polos servizos de saúde sostidos con fondos públicos.

- Achegar memoria expedida polo gabinete reeducador que preste o servizo no que conste información detallada das características do alumnado, incluindo o número de horas semanais e especialistas que o prestan así como o custo mensual.

- Achegar declaración responsable do gabinete que imparta a reeducación.

- Achegar fotocopia da conta bancaria onde o alumno/a figure de titular ou cotitular.

- Achegar fotocopia dos DNIs de todos os membros computables da unidade familiar.

Unha vez teñamos toda a documentación necesaria e impreso firmado achegalo ao Departamento de Orientación do centro (Aconsellable solicitar cita previa)

luns, 14 de setembro de 2020

BANCO DE RECURSOS E FERRAMENTAS CREATIVAS

Compartimos esta presentación interactiva que recolle a web Orientación en Galicia con recursos e ferramentas para avaliar, crear vídeos e podcasts, recibir feedback…

martes, 8 de setembro de 2020

ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL

Compartimos unha guía con actividades para o acompañamento emocional e para o inicio de curso do goberno de Navarra, contén  actividades segundo as diferentes etapas, espero que vos guste e lle saquedes proveito.



Preme na imaxe para acceder á Guía

luns, 7 de setembro de 2020

RECURSOS E IDEAS PARA O CURSO 20/21

 Manu Velasco comparte na súa web Ayuda para maestros.com centos de ideas e recursos para este novo curso, merece a pena botarlle un ollo.


Preme na imaxe para acceder á publicación

luns, 29 de xuño de 2020

BENVIDOS Á EDUCACIÓN PRIMARIA

Compartimos este documento para familias e alumnado que se incorpora en 1º de Educación Primaria.

Nesta presentación podemos atopar as características da etapa, do noso centro, como axudar aos nosos fillos e fillas, a avaliación, o traballo neste primeiro curso….

 

 

Agradecer ao orientador Xusto Martínez por compartir os seus recursos e axudar a crear este documento.

martes, 23 de xuño de 2020

VERÁN EN FAMILIA

Xa estamos no verán e propoñémosvos dúas webs de recursos e actividades para que as teñades en conta.

No verán hai tempo para todo.

FELIZ VERÁN

 

Preme na imaxe para acceder a web de actividades creativas para realizar con nenos no verán

 

Preme na imaxe para acceder a web de recursos educativos para aproveitar o verán en familia


xoves, 18 de xuño de 2020

ORIENTACIÓN VOCACIONAL E TOMA DE DECISIÓNS NA EDUCACIÓN PRIMARIA

Javier Gómez comparte este Padlet dirixido ao alumnado de 6º de E.P., familias e mestres con enlaces e recursos que traballan a orientación vocacional e a toma de decisións. 

Hecho con Padlet

xoves, 11 de xuño de 2020

PECHAR O CURSO NA PANDEMIA

Compartimos este vídeo feito pola orientadora Mª José Pérez Albo con reflexións e ideas para pechar o curso nesta situación excepcional.

sábado, 6 de xuño de 2020

48 POSTS EDUCATIVOS EN ÉPOCA DE CORONAVIRUS

Durante este tempo Manu Velasco foi facendo unha recompilación de posts educativos destinados a familias e docentes.

 

Preme na imaxe para acceder ás distintas entradas.


martes, 2 de xuño de 2020

ACHÉGASE O CAMBIO DE ETAPA

En xuño, nos colexios comezamos a organizar o vindeiro curso,  un dos aspectos no que máis nos centramos e nos cambios de etapa do alumnado; tanto alumnado que recibimos (Alumnas e alumnos de 1º de E.P.) como alumnado que avanza cara a E.S.O.

Como anticipo compartimos con vós estes dípticos do psicopedagogo Jesús Jarque que nos proporcionan algúns consellos para realizar con éxito o paso de Educación Infantil a Educación Primaria e de Educación Primaria a Educación Secundaria Obrigatoria.



Preme na imaxe para acceder a cada un dos documentos 

Por outra banda o Gabinete de Convivencia e Igualdade de Jaen propón neste material numerosas actividades, dinámicas e tarefas para o noso Plan de Acollida, tal como di o documento a finalidade é clara: Facer grupo.


Belén Beatriz Osuna amosanos esta infografia para axudarnos no cambio de etapa

xoves, 28 de maio de 2020

GUIA PARA O ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL NA CASA DURANTE O PERIODO DE CONFINAMENTO

Lorena Conde Vázquez realizou esta “Guía para o acompañamento emocional na casa durante o periodo de confinamento” co obxectivo de axudar a abordar as emocións durante dito periodo e tentando que o alumnado sexa quen de xerar o seu propio benestar emocional.

venres, 22 de maio de 2020

E QUE MÁIS PODEMOS FACER?

Propoñémosvos a continuación una serie de recursos que consideramos podedes aproveitar si vos apetece.

1.       MATEMÁTICAS BÁSICAS de  Dylar Edicións


1º E.P. Cálculo de restas sen levadas. Problemas de sumas e restas sen levadas.

2º E.P. Cálculo e problemas de sumas e restas combinadas.

3º E.P. Cálculo de multiplicacións de ata tres cifras. Problemas de ata catro operacións.

4º E.P. Cálculo e problemas de sumas e restas con expresións decimais.

5º E.P. Cálculo e problemas de iniciación aos números fraccionarios.

6º E.P. Medidas, unidades de superficie, áreas de figuras planas.

 

2.       FICHAS DESENVOLVEMENTO DA INTELIXENCIA da Editorial Santillana.


A intelixencia é una capacidade que se compón de diferentes funcións mentais. Traballamos nestes cadernos a atención, o razoamento matemático, a memoria, a lóxica, a comprensión verbal entre outras.

Caderno 1º E.P.

Caderno 2º E.P.

Caderno 3º E.P.

Caderno 4º E.P.

Caderno 5º E.P.

Caderno 6º E.P.

 

3.       MARATÓN NA CASA do gabinete psicopedagóxico Orientamedia


Material para traballar a comprensión lectora de xeito divertido

Maratón en casa I

Maratón en casa II

Maratón en casa III

 

4.       CANLE DE YOUTUBE DO MUSEO DO PRADO

O Museo do Prado ofrece vídeos nunha canle de Youtube que explican dun xeito divertido e entretido moitas das obras de arte presentes no museo.

Preme na imaxe para acceder á canle.
 

5.       CONTOS DA PROFE ZAIDA

A profe Zaida ten varios contos para nós, todos están nunha canle de Youtube e de seguro irán aparecendo máis e máis segundo pasen os días. Grazas profe Zaida.

Preme na imaxe para acceder á canle

Contos da canle:

Garavanciño

De que cor é un bico

Non é fácil pequeno esquío

La verdad sobre los dinosaurios

A casa da mosca chosca

Chibos chibóns

O coelliño branco

Gigantosaurio

6.        FUNCIÓNS EXECUTIVAS.

    As funcións executivas son un conxunto de capacidades cognitivas relacionadas entre si que inclúen un ou máis dos seguintes aspectos: Control atencional, planificación de metas e resolución de problemas, flexibilidade cognitiva de pensamento e acción, formación e abstracción de conceptos e procesamento da información... entre outras.

    Nesta presentación do EOE de Cehegin dinos como se poden traballar, sen lapis, sen tablet. 

xoves, 21 de maio de 2020

10 IDEAS E 30 FERRAMENTAS PARA AVALIAR AO ALUMNADO

Compartimos con vós esta  recompilación que fixo Manu Velasco no seu blog “Ayuda para maestros”

 Preme enriba da imaxe para acceder ao Blog

      

IDEA

FERRAMENTA

        PRESENTACIÓN DIXITAL

Genially

Emaze

Haiku Deck

        INFOGRAFÍA

Genially

Picktochart

Easelly

        CONCURSO DE PREGUNTAS

Kahoot!

Plickers

Quizizz

        BANDA DESEÑADA

Pixton

Playcomic

Comic Creator

        LIÑA DO TEMPO

Tiki Toki

Tline

Timeline

        MAPA CONCEPTUAL

Popplet

Sketchboard

Mindomo

        PODCAST

Sound Cloud

Spreaker

Audacity

        BLOG OU WEB

Blogger

Wordpress

Wix

        VÍDEO

Stupeflix

Loopster

Wideo

        ENCERADO OU MURAL DIXITAL

Murally

Padlet

Lino

  
Preme enriba da ferramenta para acceder á información da mesma