luns, 29 de marzo de 2021

XANELA ABERTA Á FAMILIA E O ABC DO CONSELLO ALIMENTARIO NA INFANCIA

Xanela aberta á familia é un sitio web con información moi útil sobre a saúde materno infantil e xuvenil, un portal para que as familias, pediatras e docentes interactúen no seguimento e fomento de hábitos saúdables, dende o embarazo ata a adolescencia.

Preme na imaxe para acceder á web


Por outra banda, O ABC do consello alimentario na infancia é unha guía con recomendacións e pautas beneficiosas para a saúde, contén ideas, suxestións e propostas de menú calibrados para mellorar a calidade nutricional e está baseada en tres eixos, a calidade, a cantidade e a variedade, claves para cimentar unha boa alimentación.

Preme na imaxe para acceder á web



luns, 22 de marzo de 2021

PROGRAMA PSICOEDUCATIVO PARA A POST-EMERXENCIA EN CENTROS EDUCATIVOS DE INFANTIL E PRIMARIA

 As experiencias estresantes como a que acabamos de vivir a causa da COVID-19 teñen un forte impacto no noso cerebro. Este non é capaz de procesalas como o resto de vivencias do día a día, pola elevada carga emocional que supoñen, polo que poden provocar tensión e malestar incluso unha vez que a situación xa rematou.

Con esta guía do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia pretende axudar ao noso alumnado a procesar este evento, a desenvolver unha maior resiliencia e a minimizar a posbilidade de futuros problemas ofrecendo un estado de seguridade e un relato coherente do ocorrido.


Preme na imaxe para acceder á Guía



martes, 16 de marzo de 2021

GUÍA DE TERMOS CLAVES PARA A EDUCACIÓN INCLUSIVA

A educación inclusiva podemos definila como o proceso que axuda a superar os obstáculos que limitan a presenza, participación e logros de todos os estudantes.
Down España publica esta guía co fin de aclarar termos clave con respecto a educación inclusiva e tentando desterrar conceptos que impiden transformar a educación. 


Preme na imaxe para acceder á Guía


mércores, 10 de marzo de 2021

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Infografía onde se recolle  diversa  información  relacionada co Departamento de orientación do noso centro.


domingo, 7 de marzo de 2021

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Un 8 de marzo de 1908 un grupo de mulleres obreiras do sector textil de Nova York decidiron saír a rúa a protestar polas malas condicións de traballo, é por isto polo que se escolleu esta data para conmemorar a loita da muller pola igualdade de xénero.

Visibilicemos ás mulleres que fixeron historia.


No blog de convivencia do centro tes actividades, contos, vídeos... para conmemorar este 8 de marzo. Preme aquí para acceder ao blog.

EDUCAR EN FEMINISMO É EDUCAR EN IGUALDADE

mércores, 3 de marzo de 2021

A FAMILIA NÚCLEO DAS PRIMEIRAS APRENDIZAXES

 A Deputación de Pontevedra e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) acaban de publicar esta Guía que pretende axudar a nais e pais na educación das fillas e fillos en temas como a motivación, a disciplina, a lectura, a resolución de conflitos, a educación afectivo-sexual...


Preme na imaxe para acceder á Guía