sábado, 25 de setembro de 2021

PAUTAS DE ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL, A NIVEL PREVENTIVO E EN SITUACIÓNS DE CRISE.

Enmanuel Garibay, do blog "Orientación educativa en Guadalajara" oferta unha serie de propostas para mestres que desexen brindar acompañamento emocional ao seu alumnado no contexto da nova normalidade.

Divide as pautas en dous grupos, as que teñen un propósito preventivo e as que permiten a intervención en situacións de crise.


Pautas en situación de crise

martes, 21 de setembro de 2021

OBRADOIRO "COÑECE E DECIDE" PARA ALUMNADO DE 4º DE E.P.

O Obradoiro Coñece e Decide é un Programa de Reforzo da Personalidade impartido por profesionais da asociación Érguete (Entidade de iniciativa social que traballa na prevención de condutas adictivas e problemas asociados) dirixido ao alumnado de 4º de E.P. do noso centro.



Os obxectivos do Obradoiro son, entre outros:
  • Aprender a reflexionar sobre as súas propias accións e reforzar a toma de decisións.
  • Establecer estratexias de afrontamento e comprender a importancia do valor do respecto.
  • Aprender a escoitar activamente e valorar e respectar as opinións das demais persoas.
  • Expresar as súas preferencias sentíndose persoas integradas e respectadas polo grupo.
  • Sensibilizarse cos sentimentos alleos, valorando a sinceridade e a confianza.
  • Aprender a relacionarse expresando desagrado cando sexa preciso sen molestar.
  • Establecer vínculos claros con persoas afíns, limitando a súa influencia sobre o desenvolvemento da personalidade.
  • Aprender a dar e recibir na mesma proporción nas relacións persoais.