martes, 29 de setembro de 2020

GUÍA DE APOIO AO ESTUDO ALUMNADO TDAH

As Fundacións INGADA e Mª José Jove publicaron unha guía de apoio ao estudo para o alumnado TDAH, pero tamén é de moita utilidade para alumnado en xeral.  


Preme na imaxe para aceder á Guía

mércores, 23 de setembro de 2020

GUÍA RÁPIDA: VOLTA SEGURA ÁS AULAS

A confederación Plena Inclusión España publicou a súa Guía rápida para un regreso seguro ás aulas, onde atopamos una serie de recomendacións e medidas que garantan unha volta ás aulas segura  para o alumnado con discapacidade intelectual.



Preme na imaxe para acceder á Guía 

xoves, 17 de setembro de 2020

BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación e Formación Profesional vén de publicar a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a algunha destas situacións: Discapacidade, trastorno grave de conduta, trastorno déficit de atención e hiperactividade asociado a trastorno grave de conduta ou discapacidade,  trastorno do espectro autista e altas capacidades. 

O prazo para solicitala é desde o 9 de agosto ao 30 de setembro de 2020. 

Convocatoria das axudas preme para acceder

Anuncio da convocatoria no BOE preme para acceder

Acceso ao servizo online preme para acceder

Pasos para solicitala preme para acceder

Unha vez impresa en formato pdf deberemos: 

- Firmar todos os membros da unidade familiar maiores de 18 anos.

- Achegar certificado de discapacidade do alumno de alomenos un 33%.

- Achegar certificado médico expedido polos servizos de saúde sostidos con fondos públicos.

- Achegar memoria expedida polo gabinete reeducador que preste o servizo no que conste información detallada das características do alumnado, incluindo o número de horas semanais e especialistas que o prestan así como o custo mensual.

- Achegar declaración responsable do gabinete que imparta a reeducación.

- Achegar fotocopia da conta bancaria onde o alumno/a figure de titular ou cotitular.

- Achegar fotocopia dos DNIs de todos os membros computables da unidade familiar.

Unha vez teñamos toda a documentación necesaria e impreso firmado achegalo ao Departamento de Orientación do centro (Aconsellable solicitar cita previa)

luns, 14 de setembro de 2020

BANCO DE RECURSOS E FERRAMENTAS CREATIVAS

Compartimos esta presentación interactiva que recolle a web Orientación en Galicia con recursos e ferramentas para avaliar, crear vídeos e podcasts, recibir feedback…

martes, 8 de setembro de 2020

ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL

Compartimos unha guía con actividades para o acompañamento emocional e para o inicio de curso do goberno de Navarra, contén  actividades segundo as diferentes etapas, espero que vos guste e lle saquedes proveito.



Preme na imaxe para acceder á Guía

luns, 7 de setembro de 2020

RECURSOS E IDEAS PARA O CURSO 20/21

 Manu Velasco comparte na súa web Ayuda para maestros.com centos de ideas e recursos para este novo curso, merece a pena botarlle un ollo.


Preme na imaxe para acceder á publicación