luns, 28 de decembro de 2020

BENVIDO 2021

A Deputación de Pontevedra pon a nosa disposición os Calendarios Competenciais 2021, que inclúen, ao longo do vindeiro, ano propostas de aprendizaxe e actividades como, procura de tesouros, cine en familia, lecturas recomendadas para adultos e alumnado, educación ambiental, musical, en valores...

Podedes descargalos segundo a etapa e anímavosvos a facelo porque cremos que valen moito a pena telos á vista e de cando en vez, ir facendo as actividades que nos propoñen segundo o día.  

Calendario Competencial E. Infantil

Calendario Competencial E. Primaria

Calendario Competencial ESO

domingo, 20 de decembro de 2020

PROGRAMA ARCO

No mes de setembro solicitamos a participación no Programa ARCO (Accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación).

Este programa é cofinanciado polo Fondo Social Europeo e persegue entre outros os seguintes obxectivos:

  • Apoiar ao alumnado para mellorar o rendemento académico.
  • Xerar contornas de aprendizaxe que favorezan o desenvolvemento das competencias clave do alumnado.
  • Diminuír barreiras de aprendizaxe que dificultan acadar os obxectivos do nivel educativo.
  • Desenvolver modelos curriculares máis competenciais, interdisciplinares e participativos.
Preme na imaxe para acceder á información do Programa

Grazas a participación neste programa contamos cunha mestra máis, para, en colaboración cos titores e titoras, mellorar a atención á diversidade do alumnado nos cursos superiores.


xoves, 17 de decembro de 2020

TEMPO DE PANTALLA E FORTNITE

Esta infografía que se amosa a continuación  tenta  concienciar das consecuencias do  uso abusivo  das pantallas.

 


 

Estas outras apórtannos  unhas  nocións básicas sobre o videoxogo Fortnite, e como o abuso de videoxogos e pantallas en xeral, está directamente relacionado cunha baixa capacidade de concentración, de creatividade de imaxinación…

 


 


Documentos elaborados pola asociación Érguete

luns, 14 de decembro de 2020

GUÍA DE ORIENTACIÓNS PARA O USO DA TECNOLOXÍA NA DOCENCIA

Na web Plena Inclusión atopamos esta guía elaborada por Mabel Vilaescusa, Antonio Márquez e Pernán Goñi con consellos para evitar a fenda dixital e académica, con orientacións para mellorar a accesibilidade do alumnado aos distintos contidos dixitais, con recomendacións de como eliminar barreiras cognitivas do alumnado con discapacidade intelectual... entre outros moitos contidos.

Un recurso que semella imprescindible para unha posible docencia a distancia que continúe a liña da ensinanza presencial.

 

Preme na imaxe para acceder á Guía

martes, 8 de decembro de 2020

QUE É O DUA?




Ofertar unha resposta educativa inclusiva precisa de contextos de aprendizaxe universal, que faciliten o acceso e a participación, libre de todo tipo de barreiras, que teñan especial sensibilidade cara ao alumnado máis vulnerable ou susceptible de sufrir situacións de exclusión, de maneira que se sintan acollidos, apoiados comprendidos e poidan participar na súa comunidade educativa desde a súa propia realidade.

xoves, 3 de decembro de 2020

DÍA DA DISCAPACIDADE

Hoxe 3 de decembro conmemorase o día da discapacidade e estivemos pensando que a mellor forma de festexalo é cunha sesión de cine.

Aproveitade para ver estas curtas durante a fin de semana.

 

 Preme nas distintas imaxes para acceder ás diferentes sesións