venres, 26 de febreiro de 2021

PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de publicar o Plan de Benestar Emocional, un documento que tenta previr posibles problemáticas derivadas da pandemia entre o alumnado, así como dar ferramentas ao profesorado desde un enfoque pedagóxico, metodolóxico e sanitario.  

En dito Plan ofértanse modelos de intervención así como pautas de observación para detectar posibles problemas relacionados co benestar emocional do noso alumnado. Propóñense ademais unha serie de actividades grupais de educación emocional arredor de catro eixos:

  • Conecta: Que favorecer a creación de espazos de comunicación, escoita e identificación de emocións propias e alleas.
  • Respecta: Dirixido a tomar conciencia dos novos cambios nos hábitos e relacións sociais derivadas da COVID-19.
  • Regula: Desenvolve aspectos relacionados coa regulación emocional e o afondamento dos conflitos para aprender a tolerar a frustración e evitar situacións de estrés.
  • Vive: Para fomentar actitudes positivas, sentimentos de gratitude e solidariedade co fin de recoñecer o esforzo e xenerar un beneficio común.

Preme na imaxe para acceder ao Plan


mércores, 24 de febreiro de 2021

184 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

 O 24 de febreiro é o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, poeta de referencia da literatura Galega.

Ana Sanchez Sanmartín e Alba Carril Casanova comparten este xogo para descubrir a Rosalía, atréveste?



martes, 23 de febreiro de 2021

O PAPEL DAS FAMILIAS NA PROMOCIÓN SAÚDABLE DE VIDEOXOGOS E DISPOSITIVOS MÓBILES EN ESTUDANTES

 A Confederación Española de Asociacións de Nais e Pais (CEAPA) acaba de publicar unha guía con pautas para un bo uso de videoxogos e dispositivos móbiles.

A tecnoloxía ocupa cada vez máis as nosas vidas e a dos nosos nenas/os e adolescentes, por este motivo é fundamental que as familias acompañen e eduquen nun uso responsable e saúdable das TIC.

Nesta guía dirannos como facer un uso axeitado de videoxogos e móbiles, riscos e beneficios dos mesmos, consellos para facer un bo uso das TIC....

Preme na imaxe para acceder á Guía



domingo, 14 de febreiro de 2021

USO RESPONSABLE DE WHATSAPP

Esta infografía amosa algunhas normas básicas para empregar esta aplicación axeitadamente, e como ben se  recolle no documento non debemos esquecer que o que mellor educa é o exemplo.






mércores, 10 de febreiro de 2021

CRIBADO CEP ALTAMIRA

O pasado martes 9 de febreiro o SERGAS fixo un cribado no noso centro.

O cribado constitúe unha medida de prevención secundaria que consiste na realización de probas diagnósticas a suxeitos que a priori considéranse sans, a fin de detectar posibles casos.

Fixéronnos unha proba PCR a toda a comunidade educativa (Alumnado, profesorado, persoal coidador, persoal de administración e servizos, persoal de limpeza, persoal de transporte escolar) 

Moi agradecidos ao persoal de enfermería do SERGAS polo seu bo facer.




xoves, 4 de febreiro de 2021

PRIMEIROS AUXILIOS PEDAGÓXICOS

UNICEF publica esta Guía onde poderás atopar ferramentas para axudar aos voso fillos e fillas nas tarefas escolares, ideas para deseñar rutinas adaptadas ás necesidades da familia, ferramentas para o manexo das emocións, orientacións para manter unha comunicación efectiva cos nenos e nenas....

Preme na imaxe para acceder á Guía