sábado, 28 de maio de 2022

DIFICULTADES DE APRENDIZAXE NA ESCOLA POR TRAUMA POR ADVERSIDADE TEMPERÁ. GUÍA DE DETECCIÓN E AXUDA.

Compartimos esta Guía editada por Adopción Punto de Encuentro que da a coñecer as consecuencias da adversidade na infancia temperá no desenvolvemento de nenos e nenas no ámbito educativo.  Saber o  porqué da súa desorganización, dispersión, impulsividade e todo aquilo que se poida derivar das funcións executivas alteradas.

Preme na imaxe para acceder ao documento.

venres, 20 de maio de 2022

BOLSAS ANEAE

O 18 de maio de 2022 publicouse a convocatoria para solicitar bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. 

Podes acceder á convocatoria na seguinte ligazón e obter de xeito resumido información no seguinte enlace.

Poderán solicitarse a partir do 19 de maio de 2022 ata o 30 de setembro de 2022 no centro onde se vaian cursar os estudos no curso 2022/23.


As axudas están dirixidas ao alumnado que presente unha necesidade específica de apoio educativo derivda dalgunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade.
  • Trastorno grave da conduta ou da comunicación e da linguaxe.
  • Tratorno do Espectro Autista.
  • Altas capacidades.
As solicitudes deberán cumprimentarse no seguinte enderezo, posteriormente imprimilo impreso e presentalo no centro no que se avain cursar estudos durante o curso 2022/23

mércores, 18 de maio de 2022

ABUSO E MALTRATO INFANTIL

AMINO (Abuso e Maltrato Infantil NO) é unha entidade sen ánimo de lucro formada por profesionais de diversos ámbitos vinculados coa infancia e adolescencia.

Consideran que o abuso e o maltrato infantil é a realidade máis grave sufrida pola infancia e a adolescencia e que en todas as súas modalidades constitúe un problema social de tal gravidade que é preciso avanzar con respostas institucionais e cidadás.

Na súa web  teñen recollido un documento onde abordan os diversos tipos de maltrato infantil, a súa detección, as actuacións dos profesionais...

Preme na imaxe para acceder á Guía

Por outra banda Nicolas Tupaz redactor de Trabajo Humanitario amósanos 10 pautas claras  e efectivas para previr o abuso infantil e detectar posibles causas de abuso sexual:
  1. Fala abertamente co teu fillo/a sobre o seu corpo, ensínalle o nome de cada unha das súas partes e delimita cales son as súas zonas íntimas, ás que só el/ela pode ter acceso.
  2. Ensínalle que o seu corpo é seu e que lle pertence, faille saber que ninguén pode tocalo sen a súa autorización.
  3. Fálalle sobre o seu dereito para rexeitar un achegamento, unha caricia ou un bico co que se sinta incómodo/a, aínda que proveña dunha persoa próxima.
  4. Nunca lle obrigues a bicar, abrazar, sentar xunto a alguén se non quere. Deste xeito tamén lle ensinas que pode negarse a expresar o seu afecto cara a outra persoa se non quere facelo.
  5. Axúdalle a distinguir as formas de tocar "boas" e "malas".
  6. Explícalle a diferenza entre os distintos tipos de segredos: os segredos que se gardan entre amigos e os segredos incómodos que sería mellor non gardar.
  7. Acláralle que ningún adulto debe pedirlle axuda para facer algo sen o permiso dos pais.
  8. Establece quen son as persoas nas que se pode confiar. É moi importante que o neno/a coñeza a quen pode recorrer se se atopa ante unha dificultade ou ten un problema.
  9. Infórmalle sobre o abuso sexual. Cando o teu fillo/a sexa máis grande, podes falarlle sobre este tema, sen asustalo nin recorrer a moitos detalles.
  10. Escóitao sempre e incítao a falar contigo. Deste xeito estarás a fomentar a confianza, isto axudarao a contar segredos que considera "íntimos" e pedirache axuda si considera que está nunha situación de risco.