xoves, 15 de decembro de 2022

FAMILIAS VISIBLES

Familias visibles é un banco de recursos elaborado polo mestre Rubén García Hernández con materiais para traballar as distintas estruturas familiares dun xeito tolerante e igualitario.  


Hecho con Padlet

xoves, 8 de decembro de 2022

RODA DO DUA

Banco de recursos actualizado onde poderás atopar ferramentas dixitas para aplicar o Deseño Universal de Aprendizaxe na aula.


xoves, 1 de decembro de 2022

PROTOCOLO DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Documento no que se recollen as cuestións normativas relevantes con respecto á protección de datos persoais nos centros escolares.

Este protocolo irase actualizando regularmente cos cambios normativos que se produzan.


Preme na imaxe para acceder ao Protocolo


martes, 22 de novembro de 2022

BIENTRATANDO. NORMAS DE AULA E PROACTIVIDADE

Bientratando é unha guía elaborada pola comunidade foral de navarra no marco da campaña para a mellora da convivencia nos centros escolares. 

Trátase dun manual breve con ideas e suxerencias para a xestión da convivencia na aula.


Preme na imaxe para acceder á Guía

luns, 7 de novembro de 2022

DISTROFIA MUSCULAR DE DUCHENNE E BECKER

 A Asociación Duchenne Parent Project España acaba de publicar unha Guía con orientacións que facilitan unha formación escolar adaptada ás diferentes fases de desenvolvemento da enfermidade.

Preme na imaxe para acceder á Guía

 


mércores, 2 de novembro de 2022

O PEQUENO LIBRO DA SAÚDE MENTAL

Compartimos este breve documento para que o alumnado atope información e actividades que poden ser de axuda á hora de entender mellor as súas emocións, saber recoñecer ataques de pánico, a morte dun ser querido, o autocoidado, a ansiedade...

Preme na imaxe para acceder ao libro


luns, 24 de outubro de 2022

PROTOCOLO DE PREVENCIÓN E ACTUACIÓN NOS ÁMBITOS SANITARIO E EDUCATIVO ANTE O RISCO SUICIDA INFANTO XUVENIL

A Xunta de Galicia acaba de actualizar o Protocolo de prevención, detección e intervención do risco suicida no ámbito educativo que databa do ano 2018. 

Inclúense, neste novo documento, novas estratexias co obxectivo de abordar os malestares e o sufrimento psicolóxico.

Preme na imaxe para acceder ao Protocolo


luns, 17 de outubro de 2022

GUÍA DE APOIO PARA DOCENTES CON ALUMNADO ENFERMO DE CANCRO

A Federación Española de Pais de Nenos con Cancro presentou esta Guía de apoio a docentes onde se ofrece información detallada ao profesorado sobre os distintos tipos de cancro, os tratamentos, as dificultades que o alumnado pode afrontar e suxire actividades para traballar na aula, recursos audiovisuais e lecturas entre outros materiais. 


Preme na imaxe para acceder á Guía

martes, 4 de outubro de 2022

GUÍA DE APOIO AO ESTUDO

A Casa da Xuventude de Colmenar Viejo en Madrid publica esta Guía que pretende ser un material práctico no proceso de apoio ao estudo para unha maior organización, autonomía e eficacia na aprendizaxe. O alumnado de 5º e 6º de E.P. xa podedes comezar a botarlle un ollo....

Preme na imaxe para acceder á Guía

xoves, 22 de setembro de 2022

APUNTAMENTOS PARA UN ENSINO INCLUSIVO


 Compartimos este documento de Emily Bryson cuns tips que nos poden ser de moita utilidade.


xoves, 9 de xuño de 2022

GUÍA PARA O USO RESPONSABLE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

A Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica xunto coa Fundación Ingada (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados) veñen de publicar unha Guía onde se expoñen con claridade as razóns biolóxicas de porque as persoas con TDAH teñen máis predisposición a abusar e facer mal uso das novas tecnoloxías, tamén aporta consellos, pautas, claves... para facer un uso responsable das TIC.

Preme na imaxe para acceder ao documento

venres, 3 de xuño de 2022

CLAVES PARA RESOLVER DE FORMA POSITIVA CONFLITOS NA INFANCIA

Guía editada por CEAPA que pretende ser un instrumento que aporte ideas ou claves para xestionar algúns conflitos na casa de forma respetuosa e coherente.

Botádelle un ollo.

Preme na imaxe para acceder á Guía


sábado, 28 de maio de 2022

DIFICULTADES DE APRENDIZAXE NA ESCOLA POR TRAUMA POR ADVERSIDADE TEMPERÁ. GUÍA DE DETECCIÓN E AXUDA.

Compartimos esta Guía editada por Adopción Punto de Encuentro que da a coñecer as consecuencias da adversidade na infancia temperá no desenvolvemento de nenos e nenas no ámbito educativo.  Saber o  porqué da súa desorganización, dispersión, impulsividade e todo aquilo que se poida derivar das funcións executivas alteradas.

Preme na imaxe para acceder ao documento.

venres, 20 de maio de 2022

BOLSAS ANEAE

O 18 de maio de 2022 publicouse a convocatoria para solicitar bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. 

Podes acceder á convocatoria na seguinte ligazón e obter de xeito resumido información no seguinte enlace.

Poderán solicitarse a partir do 19 de maio de 2022 ata o 30 de setembro de 2022 no centro onde se vaian cursar os estudos no curso 2022/23.


As axudas están dirixidas ao alumnado que presente unha necesidade específica de apoio educativo derivda dalgunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade.
  • Trastorno grave da conduta ou da comunicación e da linguaxe.
  • Tratorno do Espectro Autista.
  • Altas capacidades.
As solicitudes deberán cumprimentarse no seguinte enderezo, posteriormente imprimilo impreso e presentalo no centro no que se avain cursar estudos durante o curso 2022/23

mércores, 18 de maio de 2022

ABUSO E MALTRATO INFANTIL

AMINO (Abuso e Maltrato Infantil NO) é unha entidade sen ánimo de lucro formada por profesionais de diversos ámbitos vinculados coa infancia e adolescencia.

Consideran que o abuso e o maltrato infantil é a realidade máis grave sufrida pola infancia e a adolescencia e que en todas as súas modalidades constitúe un problema social de tal gravidade que é preciso avanzar con respostas institucionais e cidadás.

Na súa web  teñen recollido un documento onde abordan os diversos tipos de maltrato infantil, a súa detección, as actuacións dos profesionais...

Preme na imaxe para acceder á Guía

Por outra banda Nicolas Tupaz redactor de Trabajo Humanitario amósanos 10 pautas claras  e efectivas para previr o abuso infantil e detectar posibles causas de abuso sexual:
  1. Fala abertamente co teu fillo/a sobre o seu corpo, ensínalle o nome de cada unha das súas partes e delimita cales son as súas zonas íntimas, ás que só el/ela pode ter acceso.
  2. Ensínalle que o seu corpo é seu e que lle pertence, faille saber que ninguén pode tocalo sen a súa autorización.
  3. Fálalle sobre o seu dereito para rexeitar un achegamento, unha caricia ou un bico co que se sinta incómodo/a, aínda que proveña dunha persoa próxima.
  4. Nunca lle obrigues a bicar, abrazar, sentar xunto a alguén se non quere. Deste xeito tamén lle ensinas que pode negarse a expresar o seu afecto cara a outra persoa se non quere facelo.
  5. Axúdalle a distinguir as formas de tocar "boas" e "malas".
  6. Explícalle a diferenza entre os distintos tipos de segredos: os segredos que se gardan entre amigos e os segredos incómodos que sería mellor non gardar.
  7. Acláralle que ningún adulto debe pedirlle axuda para facer algo sen o permiso dos pais.
  8. Establece quen son as persoas nas que se pode confiar. É moi importante que o neno/a coñeza a quen pode recorrer se se atopa ante unha dificultade ou ten un problema.
  9. Infórmalle sobre o abuso sexual. Cando o teu fillo/a sexa máis grande, podes falarlle sobre este tema, sen asustalo nin recorrer a moitos detalles.
  10. Escóitao sempre e incítao a falar contigo. Deste xeito estarás a fomentar a confianza, isto axudarao a contar segredos que considera "íntimos" e pedirache axuda si considera que está nunha situación de risco. 

xoves, 21 de abril de 2022

GUÍA BREVE PARA A PREVENCIÓN E ACTUACIÓN ANTE A VIOLENCIA EXERCIDA POR ADOLESCENTES

Compartimos esta guía elaborada pola Fundación Márgenes y Vínculos e publicada polo Área de Dereitos Sociais do Concello de Málaga onde se ofrecen indicadores para detectar se estamos ante adolescentes que cometen algún tipo de violencia e como previr estas condutas, como actuar cando nos damos conta de situacións que implican violencia, como afecta á persoa que agride e a agredida...

Preme na imaxe para acceder á Guía

mércores, 13 de abril de 2022

PRINCIPIOS PARA O DUA

Presentámosvos a seguinte Guía onde se pretende facilitar os principios e pautas didácticas para implementar o Deseño Universal de Aprendizaxe.

O documento pertence ao proxecto REA (Recursos Educativos Abertos) Andalucía.


martes, 5 de abril de 2022

ORDE DO 8 DE SETEMBRO DE 2021

Miguel Calvo Marques membro do Equipo de Orientación Específico de Pontevedra especialidade en Trastornos de Conduta comparte esta publicación onde se desenvolven  os aspectos máis importantes da ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 


mércores, 30 de marzo de 2022

MENORES VIVINDO UNHA SITUACIÓN DE GUERRA

O Colexío Oficial de Psicología de Madrid acaba de publicar unha Guía onde se ofrecen pautas psicolóxicas ás familias, aos profesionais da educación  e ao persoal adulto que traballa con nenos e adolescentes co fin de contribuír a minimizar o impacto psicolóxico da guerra neste colectivo.

Preme na imaxe para acceder á publicación


xoves, 24 de marzo de 2022

GUÍA PRÁCTICA PARA IMPLEMENTAR MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE NA AULA ORDINARIA

Compartimos esta Guía elaborada por varios autores do EOEP de Almendralejo onde se recollen estratexias e recursos que contribúen a personalización da aprendizaxe creando un proceso educativo aberto ás diferenzas.

Preme na imaxe para acceder á Guía

xoves, 17 de marzo de 2022

TODO SOBRE A MESA. DOCUMENTO TÉCNICO DE ASESORAMENTO PARA A RESPOSTA EDUCATIVA.

O ETPOEPGR (Equipo Técnico Provincial para a Orientación Educativa e Profesional de Granada) acaba de publicar recentemente unha Guía de asesoramento e recursos para a atención á diversidade.

Todo sobre la mesa é un documento que, aínda que está contextualizado na comunidade autónoma andaluza, os seus autores parten da nova lei educativa (LOMLOE) tendo en conta as novidades sobre atención á diversidade, polo que, a maioría das respostas educativas son extrapolables á Galicia.

Esta Guía orienta a resposta educativa diversa para todo o alumnado  baixo os principios de educación inclusiva.

Preme na imaxe para acceder ao documento


martes, 15 de marzo de 2022

FALAMOS DA GUERRA

O Departamento de Orientación do CEIP Juana de Vega en Oleiros acaba de compartir un documento con pautas, recursos e recomendacións para falar de conflitos bélicos con menores.

Moitas grazas polo fantástico traballo.

Preme na imaxe para acceder á presentación

xoves, 10 de marzo de 2022

RECOMPILACIÓN DE BLOGS, ENLACES, PÁXINAS WEB E RECURSOS EN INSTAGRAM

O compañeiro Antonio J. Martín comparte estes documentos nos que recompila recursos de numerosos blogs e páxinas web nas que se abordan diferentes áreas como: atención temperá, audición e linguaxe, asociacións, pedagoxía terapéutica, familias, intelixencia emocional...







Preme nas distintas imaxes para acceder aos contidos


                           

xoves, 3 de marzo de 2022

148 CONCEPTOS SOBRE APRENDIZAXE E INNOVACIÓN EDUCATIVA

Na web https://innovacioneducativa.wordpress.com atopamos unha entrada cun conxuto de post que tratan de explicar de xeito sinxelo e breve conceptos relacionados coa formación, a aprendizaxe e a innovación educativa.


Preme na imaxe para acceder á web

mércores, 23 de febreiro de 2022

DESEÑO UNIVERSAL E APRENDIZAXE ACCESIBLE. MODELO DUA-A

Compartimos esta Guía elaborada polo CEFIRE Educació Inclusiva da Generalitat Valenciá Conselleria d´Educació, Cultura i Esport con distintas estratexias e ferramentas para facilitar a implementación dos principios do Deseño Universal de Aprendizaxe que permitan identificar posibles barreiras e poder crear contextos de aprendizaxe accesibles.

Preme na imaxe para acceder á Guía


xoves, 10 de febreiro de 2022

ABRE A TÚA MENTE DE XEITO POSITIVO: PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL EN XENTE MOZA

A Asociación de Saúde Mental Molina y Comarca edita esta Guía que pretende ser unha ferramenta que axude a nais, pais, docentes a incrementar o benestar emocional da xente moza.

Achega información sobre a saúde mental dos adolescentes/preadolescentes e factores asociados como o acoso escolar, as relacións de amizade ou as relacións de parella. Tamén inclúe información sobre hábitos de vida e ocio saudable ou como detectar problemáticas relacionadas coa saúde mental.


Preme na imaxe para acceder á Guía


martes, 25 de xaneiro de 2022

CONDICIÓNS PREVIAS PARA UN ESTUDO EFICAZ

Mónica Diz creou esta fantástica presentación interactiva sobre como crear e mellorar as condicións previas para un estudo eficaz.

sábado, 8 de xaneiro de 2022

COMO RELACIONARSE COAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Traemos dous documentos que consideramos debedes ter en conta  porque todas as persoas teñen dereito a participar en condicións de igualdade.  Debemos tamén, garantir e poñer a disposición o acceso de todos/as a determinados Contornas entornos, bens ou servizos.

  • Como relacionarte con compañeiros/as con discapacidade.

 

Preme na imaxe para acceder ao documento.


  • Manual de boas prácticas na interacción das persoas con discapacidade,

Preme na imaxe para acceder ao documento

sábado, 1 de xaneiro de 2022

PREVENCIÓN DO ABUSO SEXUAL INFANTIL

AMINO GALICIA (Asociación Abuso e Maltrato Infantil NON) ten entre o seus obxectivos principais os seguintes:
  • Prevención, detección e asesoramento na intervención en situacións de maltrato á infancia e á adolescencia.
  • Axuda e apoio ás familias que afrontan estas situacións.
Esta Asociación creou unha serie de material audiovisual para traballar a prevención do abuso sexual infantil en menores de entre 7 e 12 anos. 


Podes acceder desde aquí ao material para a súa descarga: