luns, 25 de outubro de 2021

COMO AXUDAR AO ALUMNADO NEAE

Mª José Álvarez do IES Aricel en Granada comparte este documento con indicacións á hora de apoiar alumnado neae en aula.
Grazas por compartir con nós.

sábado, 16 de outubro de 2021

OUTUBRO. MES DE CONCIENCIACIÓN DO SÍNDROME DE RETT

O síndrome de Rett é unha enfermidade das denominadas raras, de orixe xenético e que ocurre case exclusivamente no sexo feminino.

O seguinte vídeo explícanos un pouco en que consiste.


O mes de outubro adícase á concienciación e a dar visibilidade a esta enfermidade,  ademais temos algunha compañeira que posa como modelo en distintos cartaces. Sodes capaces de atopala?




luns, 4 de outubro de 2021

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADITIVAS E DE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

Na pasada semana levouse a cabo a derradeira xornada do Obradoiro de prevención de condutas aditivas destinado ao alumnado de 5º E.P. e de educación afectiva-sexual para alumnado de 6º E.P.

Estes obradoiros foron impartidos polo equipo de psicólogos de Coidadosamente e contamos  coa colaboración da ANPA  Altamira para poder levar á cabo estas xornadas.

Mencionamos a continuación algún dos obxectivos que se traballaron en cada taller.

Obradoiro de condutas aditivas:

  • Desenvolver competencias psicolóxicas :autoestima, tolerancia a frustración, autonomía e condución da ansiedade.
  •  Potenciar o sentido crítico, resolución de conflitos e toma de decisión para un uso axeitado das redes sociais.
  • Capacitar e desenvolver estratexias qie permitan superar a presión de grupo e a dependencia afectiva.
  • Informar dos riscos da publicidade, internet e redes sociais.
  • Fomentar o uso axeitado dos dispositivos electrónicos.
  • Promocionar os hábitos de vida saudables e xestión do tempo libre e ocio.


Obradoiro de educación afectiva-sexual:

  • Desenvolver valores que fomenten a igualdade entre homes e mulleres, prevención da violencia de xénero ou de actitudes e comportamentos discriminatorios pola orientación sexual ou identidade de xénero.
  • Propiciar dinámicas para identificar, analizar e rexeitar situación de abuso, marxinación e discriminación por razón de xénero na vida cotiá.
  • Desenvolver unha actitude de naturalidade e respecto cara á sexualidade entendendo esta como unha forma de comunicación humana, fonte de saúde, pracer, afectividade e, cando se desexa reprodución.
  • Ir consolidando unha identidade sexual libre de elementos de xénero discriminatorios, entendendo a plasticidade do feito sexual humano como unha realidade positiva e desenvolvendo hábitos, actitudes e condutas saudables arredor da sexualidade.
  • Restablecer un dialogo e comunicación sobre os temas sexuais no interior do grupo de iguais, na familia e na escola; desenvolvendo un vocabulario preciso, non discriminatorio en relación coa sexualidade.
  • Desenvolver unha actitude de naturalidade fronte á sexualidade, entendendo esta como forma de comunicación humana e fonte de saúde, pracer, afectividade…
  • Desenvolver unha ética social, onde as relación entre as persoas estean baseadas na igualdade, no respecto e a responsabilidade.

-        Dicirvos que nais, pais e profesorado tamén tivemos a nosa parte;  nunha xornada que se desenvolveu o martes 28 de setembro cunhas charlas moi interesantes ofrecidas por Belén Montesa e Juan Carlos Permuy,  psicólogos de Coidadosamente, que ofertaron pautas para abordar e traballar estes temas dende a escola e dende a casa.