luns, 20 de decembro de 2021

CALENDARIOS COMPETENCIAIS

A Deputación de Pontevedra pon a nosa disposición os Calendarios Competenciais para o ano 2022 en función da etapa na que estean  escolarizados os nosos fillos/as. 

Atoparemos propostas de aprendizaxe e actividades como procuras de tesouro, cine en familia, lecturas recomendadas para alumnado, para adultos, educación ambiental....




venres, 17 de decembro de 2021

TI DECIDES EN INTERNET

A Axencia Española de Protección de Datos desenvolveu unha páxina web co obectivo de ofrecer información, consellos, materiais e recursos coas chaves precisas para o uso seguro e responsable dos datos persoais na Rede.

Nela atoparás vídeos que tratan de temáticas distintas como por exemplo:


Preme na imaxe para acceder á Web


venres, 3 de decembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, un día no que reclamamos a inclusión real e efectiva na sociedade.

TODOS/AS BAIXO O MESMO PARAUGAS

En ACEESCA, fixeron este vídeo e invitáronnos a participar, fíxadevos que ao final Todos/as estamos baixo o mesmo paraugas.

Preme na imaxe para acceder ao vídeo


E por último a orientadora Noemí Sanchez Delgado fala de cambiar termos neste Genially. Na contra de dicir  Discapacidade ....... Dí Capacidade.

venres, 26 de novembro de 2021

RECURSOS E ESTRATEXIAS PARA FOMENTAR A LECTURA

A web aldealibros.com recolle as 7 regras para motivar a nenos e nenas a ler en casa. De xeito resumido serían as seguintes:

  1. Estarán máis motivados si o que len é relevante para as súas vidas, atopan sentido e valor á lectura.
  2. Estarán máis motivados cando teñen acceso a unha ampla variedade de lecturas.
  3. Estarán máis motivados cando teñen tempo libre para facelo.
  4. Estarán máis motivados cando poden escoller as súas lecturas.
  5. Estarán máis motivados cando poden interaccionar socialmente e falar con outros das súas lecturas favoritas.
  6. Estarán máis motivados cando o libro ten o nivel axeitado para eles.
  7. Estarán máis motivados cando se incentiva a lectura de xeito natural.
No seguinte vídeo temos recollidas 10 ideas para crear pequenos grandes lectores.




Na web  ayudaparamaestros.com aparecen recollidos moitos máis recursos, ideas, curtas, estratexias... que nos van axudar a que os nosos fillos/as e/ou alumnado desenvolva o gusto e o pracer de ler.


Preme na imaxe para acceder á entrada da web

sábado, 20 de novembro de 2021

20 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

A Asemblea Xeral da ONU recomendou alá polo 1954 destinar un día a fomentar a fraternidade entre as nenas e nenos do mundo, e promover o seu benestar con actividades sociais e culturais.

Así nace o Día Internacional da Infancia ou Día dos Dereitos das Nenas e Nenos que podemos coñecelos de xeito resumido na seguinte imaxe.



xoves, 18 de novembro de 2021

AXUDA NA RESOLUCIÓN PACÍFICA DE CONFLITOS E SENSIBILIZACIÓN Á MEDIACIÓN

Vai facer dous anos que UNAF (Unión de Asociacións  Familiares) lanzou esta Guía para amosar a importancia que ten a comunicación e o xeito que temos de nos relacionar nunha etapa como a adolescencia e preadolescencia, caracterizada por numerosos cambios físicos e cambios nas relacións con amizades, nais, pais irmáns...



Preme na imaxe para acceder á Guía


luns, 1 de novembro de 2021

UN NENO/A CON TEA NA MIÑA CLASE

O Servizo de Atención Temperá de Burgos elabora este documento onde se recollen as necesidades educativas e estratexias metodolóxicas que poden ser de utilidade para  alumnado con Trastorno do Espectro Autista.

Aínda que o documento en sí está pensado para a etapa de Educación Infantil pensamos que tamén se pode adaptar ao 1º ciclo da educación Primaria.


Preme na imaxe para acceder ao documento



luns, 25 de outubro de 2021

COMO AXUDAR AO ALUMNADO NEAE

Mª José Álvarez do IES Aricel en Granada comparte este documento con indicacións á hora de apoiar alumnado neae en aula.
Grazas por compartir con nós.

sábado, 16 de outubro de 2021

OUTUBRO. MES DE CONCIENCIACIÓN DO SÍNDROME DE RETT

O síndrome de Rett é unha enfermidade das denominadas raras, de orixe xenético e que ocurre case exclusivamente no sexo feminino.

O seguinte vídeo explícanos un pouco en que consiste.


O mes de outubro adícase á concienciación e a dar visibilidade a esta enfermidade,  ademais temos algunha compañeira que posa como modelo en distintos cartaces. Sodes capaces de atopala?




luns, 4 de outubro de 2021

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADITIVAS E DE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

Na pasada semana levouse a cabo a derradeira xornada do Obradoiro de prevención de condutas aditivas destinado ao alumnado de 5º E.P. e de educación afectiva-sexual para alumnado de 6º E.P.

Estes obradoiros foron impartidos polo equipo de psicólogos de Coidadosamente e contamos  coa colaboración da ANPA  Altamira para poder levar á cabo estas xornadas.

Mencionamos a continuación algún dos obxectivos que se traballaron en cada taller.

Obradoiro de condutas aditivas:

  • Desenvolver competencias psicolóxicas :autoestima, tolerancia a frustración, autonomía e condución da ansiedade.
  •  Potenciar o sentido crítico, resolución de conflitos e toma de decisión para un uso axeitado das redes sociais.
  • Capacitar e desenvolver estratexias qie permitan superar a presión de grupo e a dependencia afectiva.
  • Informar dos riscos da publicidade, internet e redes sociais.
  • Fomentar o uso axeitado dos dispositivos electrónicos.
  • Promocionar os hábitos de vida saudables e xestión do tempo libre e ocio.


Obradoiro de educación afectiva-sexual:

  • Desenvolver valores que fomenten a igualdade entre homes e mulleres, prevención da violencia de xénero ou de actitudes e comportamentos discriminatorios pola orientación sexual ou identidade de xénero.
  • Propiciar dinámicas para identificar, analizar e rexeitar situación de abuso, marxinación e discriminación por razón de xénero na vida cotiá.
  • Desenvolver unha actitude de naturalidade e respecto cara á sexualidade entendendo esta como unha forma de comunicación humana, fonte de saúde, pracer, afectividade e, cando se desexa reprodución.
  • Ir consolidando unha identidade sexual libre de elementos de xénero discriminatorios, entendendo a plasticidade do feito sexual humano como unha realidade positiva e desenvolvendo hábitos, actitudes e condutas saudables arredor da sexualidade.
  • Restablecer un dialogo e comunicación sobre os temas sexuais no interior do grupo de iguais, na familia e na escola; desenvolvendo un vocabulario preciso, non discriminatorio en relación coa sexualidade.
  • Desenvolver unha actitude de naturalidade fronte á sexualidade, entendendo esta como forma de comunicación humana e fonte de saúde, pracer, afectividade…
  • Desenvolver unha ética social, onde as relación entre as persoas estean baseadas na igualdade, no respecto e a responsabilidade.

-        Dicirvos que nais, pais e profesorado tamén tivemos a nosa parte;  nunha xornada que se desenvolveu o martes 28 de setembro cunhas charlas moi interesantes ofrecidas por Belén Montesa e Juan Carlos Permuy,  psicólogos de Coidadosamente, que ofertaron pautas para abordar e traballar estes temas dende a escola e dende a casa. 

sábado, 25 de setembro de 2021

PAUTAS DE ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL, A NIVEL PREVENTIVO E EN SITUACIÓNS DE CRISE.

Enmanuel Garibay, do blog "Orientación educativa en Guadalajara" oferta unha serie de propostas para mestres que desexen brindar acompañamento emocional ao seu alumnado no contexto da nova normalidade.

Divide as pautas en dous grupos, as que teñen un propósito preventivo e as que permiten a intervención en situacións de crise.


Pautas en situación de crise

martes, 21 de setembro de 2021

OBRADOIRO "COÑECE E DECIDE" PARA ALUMNADO DE 4º DE E.P.

O Obradoiro Coñece e Decide é un Programa de Reforzo da Personalidade impartido por profesionais da asociación Érguete (Entidade de iniciativa social que traballa na prevención de condutas adictivas e problemas asociados) dirixido ao alumnado de 4º de E.P. do noso centro.



Os obxectivos do Obradoiro son, entre outros:
  • Aprender a reflexionar sobre as súas propias accións e reforzar a toma de decisións.
  • Establecer estratexias de afrontamento e comprender a importancia do valor do respecto.
  • Aprender a escoitar activamente e valorar e respectar as opinións das demais persoas.
  • Expresar as súas preferencias sentíndose persoas integradas e respectadas polo grupo.
  • Sensibilizarse cos sentimentos alleos, valorando a sinceridade e a confianza.
  • Aprender a relacionarse expresando desagrado cando sexa preciso sen molestar.
  • Establecer vínculos claros con persoas afíns, limitando a súa influencia sobre o desenvolvemento da personalidade.
  • Aprender a dar e recibir na mesma proporción nas relacións persoais.

luns, 21 de xuño de 2021

BAUTISMO DE SURF PARA DESPEDIR O CURSO

O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello do Porriño, o  Concello de Salceda de Caselas,  a Escola Prado-Surf de Patos xunto co CEP Altamira,  organizaron para o alumnado de 6º de Primaria unha proposta de ocio alternativo co fin de propiciar  hábitos de vida saudables.

PROGRAMA BAUTISMO DE SURF

1.       Dia 11 e 12  de maio de 2021. Breve charla introdutoria no centro.

2.     Bautismo de surf. Levouse a cabo os días 7, 8 e 9 de xuño de 2021, onde recibimos 2h de clases prácticas na praia de Patos (Nigrán). 


A actividade (totalmente de balde para o alumnado) incluíu  todo o material necesario (neopreno, táboa , licra…), así como licenza federativa e seguro de responsabilidade civil, docencia personalizada (máximo 5 alumnos/as por monitor) e servizo de transporte desde o centro e volta.


Grazas a todas as administracións implicadas.

martes, 15 de xuño de 2021

AXÚDALLE FRONTE AO ACOSO ESCOLAR

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acaba de publicar unha Guía para nais/pais co fin de poder axudar e actuar ante unha posible situación de acosos escolar.

 Merece a pena botarlle un ollo.


Preme na imaxe para acceder á Guía.

martes, 8 de xuño de 2021

MÉTODO DE ESTUDO EFICAZ

No seguinte documento atoparedes ata 30 consellos para estudar de xeito eficaz. 

Publicación que vai dirixida ao alumnado de 5º e 6º de E.P. e espero que o alumnado de 6º E.P. a teña en conta o vindeiro ano en 1º da ESO.  


venres, 21 de maio de 2021

60 PROPOSTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA

Aula intercultural presenta este documento con ideas e propostas para unha educación inclusiva, pero cando falamos de educación inclusiva realmente de que estamos a falar? 

Pois estamos a falar de:

  • Promover a igualdade de dereitos e oportunidades para todas as persoas.
  • Defender a heteroxeneidade e a diversidade como unha riqueza.
  • Reforzar os procesos de ensinanza: ensinar a aprender e a pensar.
  • Fortalecer á comunidade educativa e as relacións entre familias, alumnado e profesorado.
  • Recoñecer relacións de interdependencia.
  • Facilitar autonomía organizativa no centro e entre o persoal.
  • Atender ás necesidades individuais e promover o desenvolvemento integral da persoa.
  • Buscar o desenvolvemento de capacidades cognitivas, sociais e afectivas de todas as persoas.
  • Avaliar o crecemento persoal en valores como o respecto, a tolerancia, a empatía, así como a capacidade de adaptación.
  • Traballar desde a multidisciplinariedade.
  • pretender xerar cambios sociais que aspiren a unha educación xusta e solidaria para todas as persoas.

Pois nesta guía atopamos resposta a estas preguntas así como ideas, actividades,  propostas.... botádelle un ollo.


Preme na imaxe para acceder á Guía.

venres, 14 de maio de 2021

DUA, UNHA MIRADA DESDE A EDUCACIÓN E A INCLUSIÓN

Coral Elizondo, mestra, psicóloga, orientadora educativa e especialista en educación inclusiva comparte esta charla que deu o pasado 7 de maio para a universidade de Alcalá de Henares. 

Coral, anima a que traballemos por un modelo que garanta unha educación inclusiva e equitativa de calidade, que promova oportunidades de aprendizaxe para todo o alumnado durante toda a vida.  Botádelle un ollo!!!


Achega tamén  a presentación  por si é do noso interese.



martes, 11 de maio de 2021

BANCO DE RECURSOS

Queremos ensinarvos  este banco de recursos presentado nun Gennially polo mestre Jorge QC@Frikitin. Paga a pena botarlle un ollo. Moitas grazas por compartir.




martes, 27 de abril de 2021

O ESTUDO NA EDUCACIÓN PRIMARIA

Estudar é unha actividade que se caracteriza por ser:

  • Constante
  • Organizada
  • Intencional
Estudar é unha opción de superación persoal. O estudo permite reflexionar, cuestionar e asimilar/interiorizar coñecementos á experiencia persoal. 

Preparámonos para o estudo.




Como debe ser o lugar de estudo.





Oito regras básicas á hora de estudar na casa.



venres, 23 de abril de 2021

EMOCIÓNS E APRENDIZAXE

 As emocións son as encargadas de gardar as aprendizaxes. Son as responsables da memoria.

O cerebro é selectivo e as emocións son o pegamento dos recordos. Si unha persoa non deixa pegada na túa vida, non te lembrarás dela.


Na aprendizaxe, cognición e emoción van xuntas.

Begoña Ibarrola


venres, 9 de abril de 2021

PAIS SEPARADOS, GUÍAS DE ACTUACIÓN

GUÍAS DE ACTUACIÓN PARA PROXENITORES SEPARADOS

O Departamento de Servizos Sociais e Familia do Goberno de Aragón publica esta guía que pretende ofrecer un apoio aos pais e nais que desexan que, a pesares das dificultades, os seus fillos continúen co seu desenvolvemento persoal e emocional. Neste documento atoparás pistas e aclaracións que axudarán a superar momentos e conflitos.


Preme na imaxe para acceder á Guía

COMO ACTUAR COS FILLOS E FILLAS

Guía do Concello de Vitoria-Gasteiz que inclúe de forma sinxela aquela información que se debe ter en conta á hora de comunicar a separación como parella aos fillos e fillas, reaccións, factores que inflúen...


Preme na imaxe para acceder á Guía

martes, 6 de abril de 2021

PROGRAMAS DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

A Deputación Foral de Gipuzkoa comprometeuse a desenvolver a intelixencia emocional nos ámbitos: Familiar, escolar, organizacional/empresarial e sociocomunitario. 



Por este motivo, pon a nosa disposición estes programas de Intelixencia Emocional cos que se pretende:

  • Aumentar o nivel de benestar persoal.
  • Converterse en persoas responsables, comprometidas e cooperadoras.
  • Mellorar a calidade de vida nos aspectos físicos e emocionais.

INTELIXENCIA EMOCIONAL 6-8 ANOS.                    ANEXOS

INTELIXENCIA EMOCIONAL 8-10 ANOS.                  ANEXOS

INTELIXENCIA EMOCIONAL 10-12 ANOS.                ANEXOS

Preme para acceder aos distintos programas 

luns, 29 de marzo de 2021

XANELA ABERTA Á FAMILIA E O ABC DO CONSELLO ALIMENTARIO NA INFANCIA

Xanela aberta á familia é un sitio web con información moi útil sobre a saúde materno infantil e xuvenil, un portal para que as familias, pediatras e docentes interactúen no seguimento e fomento de hábitos saúdables, dende o embarazo ata a adolescencia.

Preme na imaxe para acceder á web


Por outra banda, O ABC do consello alimentario na infancia é unha guía con recomendacións e pautas beneficiosas para a saúde, contén ideas, suxestións e propostas de menú calibrados para mellorar a calidade nutricional e está baseada en tres eixos, a calidade, a cantidade e a variedade, claves para cimentar unha boa alimentación.

Preme na imaxe para acceder á web



luns, 22 de marzo de 2021

PROGRAMA PSICOEDUCATIVO PARA A POST-EMERXENCIA EN CENTROS EDUCATIVOS DE INFANTIL E PRIMARIA

 As experiencias estresantes como a que acabamos de vivir a causa da COVID-19 teñen un forte impacto no noso cerebro. Este non é capaz de procesalas como o resto de vivencias do día a día, pola elevada carga emocional que supoñen, polo que poden provocar tensión e malestar incluso unha vez que a situación xa rematou.

Con esta guía do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia pretende axudar ao noso alumnado a procesar este evento, a desenvolver unha maior resiliencia e a minimizar a posbilidade de futuros problemas ofrecendo un estado de seguridade e un relato coherente do ocorrido.


Preme na imaxe para acceder á Guía



martes, 16 de marzo de 2021

GUÍA DE TERMOS CLAVES PARA A EDUCACIÓN INCLUSIVA

A educación inclusiva podemos definila como o proceso que axuda a superar os obstáculos que limitan a presenza, participación e logros de todos os estudantes.
Down España publica esta guía co fin de aclarar termos clave con respecto a educación inclusiva e tentando desterrar conceptos que impiden transformar a educación. 


Preme na imaxe para acceder á Guía


mércores, 10 de marzo de 2021

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Infografía onde se recolle  diversa  información  relacionada co Departamento de orientación do noso centro.


domingo, 7 de marzo de 2021

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Un 8 de marzo de 1908 un grupo de mulleres obreiras do sector textil de Nova York decidiron saír a rúa a protestar polas malas condicións de traballo, é por isto polo que se escolleu esta data para conmemorar a loita da muller pola igualdade de xénero.

Visibilicemos ás mulleres que fixeron historia.


No blog de convivencia do centro tes actividades, contos, vídeos... para conmemorar este 8 de marzo. Preme aquí para acceder ao blog.

EDUCAR EN FEMINISMO É EDUCAR EN IGUALDADE

mércores, 3 de marzo de 2021

A FAMILIA NÚCLEO DAS PRIMEIRAS APRENDIZAXES

 A Deputación de Pontevedra e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) acaban de publicar esta Guía que pretende axudar a nais e pais na educación das fillas e fillos en temas como a motivación, a disciplina, a lectura, a resolución de conflitos, a educación afectivo-sexual...


Preme na imaxe para acceder á Guía

venres, 26 de febreiro de 2021

PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de publicar o Plan de Benestar Emocional, un documento que tenta previr posibles problemáticas derivadas da pandemia entre o alumnado, así como dar ferramentas ao profesorado desde un enfoque pedagóxico, metodolóxico e sanitario.  

En dito Plan ofértanse modelos de intervención así como pautas de observación para detectar posibles problemas relacionados co benestar emocional do noso alumnado. Propóñense ademais unha serie de actividades grupais de educación emocional arredor de catro eixos:

  • Conecta: Que favorecer a creación de espazos de comunicación, escoita e identificación de emocións propias e alleas.
  • Respecta: Dirixido a tomar conciencia dos novos cambios nos hábitos e relacións sociais derivadas da COVID-19.
  • Regula: Desenvolve aspectos relacionados coa regulación emocional e o afondamento dos conflitos para aprender a tolerar a frustración e evitar situacións de estrés.
  • Vive: Para fomentar actitudes positivas, sentimentos de gratitude e solidariedade co fin de recoñecer o esforzo e xenerar un beneficio común.

Preme na imaxe para acceder ao Plan


mércores, 24 de febreiro de 2021

184 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

 O 24 de febreiro é o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, poeta de referencia da literatura Galega.

Ana Sanchez Sanmartín e Alba Carril Casanova comparten este xogo para descubrir a Rosalía, atréveste?



martes, 23 de febreiro de 2021

O PAPEL DAS FAMILIAS NA PROMOCIÓN SAÚDABLE DE VIDEOXOGOS E DISPOSITIVOS MÓBILES EN ESTUDANTES

 A Confederación Española de Asociacións de Nais e Pais (CEAPA) acaba de publicar unha guía con pautas para un bo uso de videoxogos e dispositivos móbiles.

A tecnoloxía ocupa cada vez máis as nosas vidas e a dos nosos nenas/os e adolescentes, por este motivo é fundamental que as familias acompañen e eduquen nun uso responsable e saúdable das TIC.

Nesta guía dirannos como facer un uso axeitado de videoxogos e móbiles, riscos e beneficios dos mesmos, consellos para facer un bo uso das TIC....

Preme na imaxe para acceder á Guía



domingo, 14 de febreiro de 2021

USO RESPONSABLE DE WHATSAPP

Esta infografía amosa algunhas normas básicas para empregar esta aplicación axeitadamente, e como ben se  recolle no documento non debemos esquecer que o que mellor educa é o exemplo.






mércores, 10 de febreiro de 2021

CRIBADO CEP ALTAMIRA

O pasado martes 9 de febreiro o SERGAS fixo un cribado no noso centro.

O cribado constitúe unha medida de prevención secundaria que consiste na realización de probas diagnósticas a suxeitos que a priori considéranse sans, a fin de detectar posibles casos.

Fixéronnos unha proba PCR a toda a comunidade educativa (Alumnado, profesorado, persoal coidador, persoal de administración e servizos, persoal de limpeza, persoal de transporte escolar) 

Moi agradecidos ao persoal de enfermería do SERGAS polo seu bo facer.




xoves, 4 de febreiro de 2021

PRIMEIROS AUXILIOS PEDAGÓXICOS

UNICEF publica esta Guía onde poderás atopar ferramentas para axudar aos voso fillos e fillas nas tarefas escolares, ideas para deseñar rutinas adaptadas ás necesidades da familia, ferramentas para o manexo das emocións, orientacións para manter unha comunicación efectiva cos nenos e nenas....

Preme na imaxe para acceder á Guía





martes, 26 de xaneiro de 2021

COVID-19 GUÍA PARA FAMILIARES EN DÓ

Compartimos esta guía adicada ás persoas que están a pasar por unha situación de dó pola morte dun ser querido por mor da COVID -19.

O documento foi elaborado polo Grupo de Trabajo de Duelo y Pérdida de Sevilla del COP de Andalucia Occidental.

A guía oferta unhas pautas para adultos e alumnado co fin de axudar a afrontar o dó pola morte dun familiar.


Preme na imaxe para acceder á Guía


O alumnado de 5º e 6º tamén pode botar man deste Plan de Apoio Socioemocional da orientadora Noemí Sanchez Delgado.

MOITA FORZA A TODOS E TODAS


luns, 25 de xaneiro de 2021

NOVIDADES DA LOMLOE

A nova lei que entrou en vigor o martes 19 de xaneiro  trae consigo unha serie de cambios e medidas. Na etapa de Infantil e Primaria destacan as seguintes: 

  • A etapa de educación infantil segue a ter carácter voluntario, mais o primeiro ciclo (0 a 3 anos) deste período  pasa a considerarse educativo e non meramente asistencial. Os centros que o impartan deberán cumprir uns requisitos mínimos e elaborar unha proposta pedagóxica para poder impartir a etapa. Resáltase a condición compensadora da etapa de posibles contextos desfavorecidos. 
  • En Educación Primaria recupérase a organización en tres ciclos de dous cursos.
  • As materias redúcense a obrigatorias e optativas. Reordénanse as áreas de coñecemento que, en Educación Primaria, quedarán do seguinte xeito:  
  1. Educación Artística, que se poderá desdobrar en Educación Plástica e Visual e Música e Danza.
  2. Coñecemento do Medio natural, social e cultural, que se poderá desdobrar en Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais.
  3. Educación Física.
  4. Lingua Castelá e Literatura.
  5. Lingua Galega e Literatura.
  6. Lingua Estranxeira.
  7. Matemáticas.

  • En 5º ou 6º de Educación Primaria estudarase a materia de Valores Cívicos e Éticos, centrada especialmente nos Dereitos Humans e da Infancia, os recollidos na Constitución española, a igualdade de xénero, a cultura da paz, a función social dos impostos e o respecto polo entorno e os animais, entre outros  temas.
  • A materia de Relixión será de oferta obrigatoria, pero deixará de contar na nota media do expediente e de ter unha materia alternativa.
  • Dedicarase un tempo diario á lectura e traballaranse en todas as áreas a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a creación artística, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o fomento da creatividade e do espírito científico.
  • Ademais traballarase a educación para o consumo responsable e o desenvolvemento sostible, a educación para a saúde, incluida a afectivo-sexual. Porase especial atención á educación emocional e en valores.
  • Realizarase particular énfase en garantir a inclusión educativa, a atención personalizada e a prevención das dificultades de aprendizaxe.
  • Limitase o número de repeticións do alumno/a. So se poderá repetir unha vez en toda a primaria no último curso de cada ciclo, cando o equipo docente considere que o alumno/a non acadou as competencias previstas, sendo unha medida excepcional que deberá ir acompañada dun plan específico e personalizado de apoio.
  • Os referentes da avaliación no caso de alumnos/as con necesidades educativas especiais serán os incluidos nas correspondentes adaptacións do currículo, sen que este feito poida impedirlles promocionar de ciclo ou etapa. Estableceranse as medidas máis adecuadas para que as condicións de realización dos procesos asociados á avaliación se adapten ás necesidades do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
  • Ao finalizar cada un dos ciclos o titor/a emitirá un informe sobre o grao de adquisición das competencias de cada alumno/a,  indicando, no seu caso, as medidas de reforzo que se deben contemplar no ciclo ou etapa seguinte. Ao rematar a  Educación Primaria cada alumno/a disporá dun informe sobre a súa aprendizaxe, obxectivos acadados e competencias adquiridas para garantir a transición de etapa.
  • Realizaranse probas de competencias básicas en 4º de Educación Primaria  cun fin informativo e orientador.
  • O castelán deixará de figurar como lingua vehicular do ensino. As administracións garantirán o dereito a recibir ensinanzas en castelán e nas linguas propias para acadar un dominio pleno e equivalente en ambas. 

No seguinte enlace podes acceder ao texto completo da lei: Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.



venres, 22 de xaneiro de 2021

LEI ORGÁNICA DE MODIFICACIÓN DA LOE - LOMLOE -

O martes 19 de xaneiro entrou en vigor a Lei Orgánica de modificación da LOE (LOMLOE), tamén coñecida como Lei Celaá, despois da súa publicación no Boletín Oficial do Estado o 30 de decembro de 2020.

O calendario de implantación queda como segue:

No presente curso 2020/2021 implementaranse os cambios que afectan a:

  • A admisión de alumnado.
  • A Autonomía dos centros docentes.
  • A participación e competencias dos Consellos Escolares.
  • A selección do director/a nos centros públicos. 

Os procesos relativos a selección do director/a e á admisión do alumnado que se iniciaran con anterioridade á entrada en vigor desta Lei, rexiránse pola normativa vixente no momento de iniciarse. 

No curso 2021/2022 implantaranse as modificacións que afectan a:

  • As modificacións introducidas na avaliación e condicións de promoción das diferentes etapas educativas.
  • As modificacións introducidas nas condicións de titulación de educación secundaria obrigatoria, ciclos formativos de grao básico e bacharelato.
  • A titulación das ensinanzas profesionais de música e danza.
  • As condicións de acceso ás diferentes ensinanzas.


O novo curriculo, organización, obxectivos e programas implantaranse dos seguinte xeito:

  • Curso 2022/2023: 1º, 3º e 5º de Educación Primaria; 1º e 3º de ESO; 1º de Bacharelato e 1º dos ciclos formativos de grao básico.
  • Curso 2023/2024: 2º, 4º e 6º de Educación Primaria; 2º e 4º da ESO, 2º dos ciclos formativos de grao básico; acceso á universidade e probas diagnósticas en 4º de Educación Primaria e 2º de ESO.

mércores, 20 de xaneiro de 2021

DESEÑO UNIVERSAL DE APRENDIZAXE E NEUROEDUCACIÓN

Coral Elizondo deseña un calendario no que propón 12 pautas e 12 propostas para lograr unha inclusión real.

Comezamos,  xaneiro  e as  redes afectivas.


Preme na imaxe para acceder ao calendario

martes, 5 de xaneiro de 2021

POR UN XOGO IGUALITARIO E NON VIOLENTO

Hoxe 5 de xaneiro chegan os Reis e desde o centro non podemos estar máis de acordo con esta campaña da Deputación de Pontevedra na que invita a que os  xogos, xoguetes e agasallos que escollamos non sexan sexistas nin violentos.

Veñen de publicar unha Guía e unha actividade moi entretida que podedes descargar a continuación.

 

Preme na imaxe para accede á Guía

 

Preme na imaxe para acceder á tarefa