xoves, 30 de abril de 2020

GUÍA DE APOIO PARA NAIS E PAIS


Queremos compartir con vós este interesante documento para facer máis fácil o confinamento en familia.
Nesta guía elaborada por Mª Concepción Alonso e Cecilia Ramos atopamos seis modelos de actividades e uns exemplos prácticos de como resolver condutas disruptivas ou conflitos na casa. As actividades propostas son as seguintes:
  •             Lectura compartida. Conta cunha serie de lecturas recomendadas por idades e nomea os  beneficios de dita actividade a nivel emocional, cognitivo, lingüístico…
  •            Recrear pratos de merendas saudables. Enumera os beneficios da mesma e propón una serie de pratos a imitar
  •           Ver curtametraxes e facer reflexións sobre o mesmo. Aporta un listado de enlaces a distintas curtas e unha guía de preguntas que nos podemos facer antes e despois de vela.
  •            Aplicacións educativas. Recolle una serie de apps divididas entre: Atención e razoamento, expresión, lectoescritura nivel inicial e lectoescritura nivel medio.
  •            Reparto de tarefas domésticas. Enumera os beneficios que aporta  que o neno/a colabore nas distintas tarefas domésticas e incorpora unha táboa  Montessori de reparto de tarefas domésticas por idade.
  •            Manualidades cos distintos recursos da casa.



Preme na imaxe para acceder á Guía
                                  

luns, 27 de abril de 2020

FERRAMENTAS PARA ORGANIZAR AULAS TELEMÁTICAS OU PRESENCIAIS


Compartimos con vós este documento no que Ramón Formoso organiza as distintas ferramentas dixitais que podemos atopar na rede nestes oito apartados:
  •          Crea unha aula, blog ou web para organizar materiais e que acceda o alumnado.
  •      Documentos e presentación atractivas.
  •      Ofrecer contidos audiovisuais.
  •      Establecer vías de comunicación.
  •      Explicar como funciona algo ensinando o ordenador.
  •      Ofertar variedade para repetir e practicar.
  •      Comprobar a asimilación.
  •      Opcións para transferir o aprendido en formato dixital.  


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional tamén pon a disposición da comunidade educativa, entre outros, os seguintes servizos dixitais educativos que se mencionan no seguinte documento.


sábado, 25 de abril de 2020

SAÍDA DE NENAS E NENOS Á RÚA


A partir de mañá, domingo 26 de abril os nenos e nenas xa poderán saír á rúa como máximo una hora e unha vez ao día.
Pode ser que despois de tanto tempo na casa esteamos preocupados, alegres, con medo… Propoñémosvos a lectura deste conto que ten de protagonista a un oso, que como sabedes están acostumados a saír ao monte logo de pasar os invernos hibernando e as súas sensacións, despois de pasar tanto tempo nas covas, poden ser parecidas ás nosas.
O conto é de Carmen Esteban

Preme na imaxe para acceder ao conto

Temos este outro conto feito por María J. Palao e Sergio García “Superhéroe contra el virus” Conto con pictogramas que nos ensina a ser uns auténticos  heroes contra o virus tamén na rúa.

Tamén vos deixamos este documento feito polo Concello de Salceda de Caselas onde se recolle  todo o que se precisa saber para a saída á rúa de nenas e nenos.


E por último esta  Guía de boas prácticas nas saídas da poboación infantil 



xoves, 23 de abril de 2020

E QUE MÁIS PODEMOS FACER HOXE?

Propoñemos a continuación una serie de actividades que podedes facer de xeito individual ou en familia, tedes moito onde escoller, a ver que vos parece. 

Manualidades 
Nada menos que 365 neste libro que a continuación vos ensinamos. 
Preme na imaxe para acceder á guía

Sudokus
Probastes a facer sudokus? Son moi aditivos e neste enlace atoparás infinidade deles adaptados segundo dificultade. 
Preme na imaxe para accer aos sudokus

Retos 
Nesta presentación feita por Ramón Formoso tes ata 12 retos para xogar ti solo ou en familia, atréveste??? 
Preme na imaxe para acceder ao reto
Ioga 
Sabedes que a práctica do ioga ten múltiples beneficios como poden ser a mellora da atención, mellorar a calidade do sono, reducir niveis de ansiedade e estrés…. Este vídeo de iniciación ao ioga é moi divertido para os máis cativos e una magnífica forma de irnos introducindo. 
Preme na imaxe para accedr ao vídeo

APPS e Plataformas 
Nesta revista on line atopamos máis de 100 apps e plataformas para aprender dun xeito divertido.


A ciencia pode ser divertida 
Queres investigar sobre electricidade e líquidos, queres construír un globo aerostático ou un estetoscopio, neste libro tes un total de 50 experimentos divididos segundo curso. 
Preme na imaxe para acceder aos experimentos
Bailar 
Pois aquí temos outro reto e para supéralo temos que completar con éxito 6 bailes. Estades listos…
Preme na imaxe para acceder ao reto


Contos 
Aquí vos deixamos unha recompilación de contos en diferentes formatos: Contos narrados, con pictogramas, animados contacontos... en fin, que tedes onde escoller.

Preme na imaxe para acceder aos contos

mércores, 22 de abril de 2020

XOGAMOS EN FAMILIA

Deixámosvos estes taboleiros para que vos sentedes arredor dunha mesa cun par de dados, veredes que non son xogos competitivos pero que son moi entretidos porque nos axudan a descubrir gustos, afeccións, anécdotas de pais, nais, avós, irmáns…. E que estes tamén nos coñezan a nós un pouco mellor. Neste primeiro taboleiro precisas un dado co que vas a realizar dúas tiradas unha para a fila e outra para a columna, feito isto contesta a pregunta, ao rematar de responder pasas o dado ao seguinte para que lance el/ela o dado e responda a súa. Neste outro taboleiro, facemos un cubo no que lle pegamos unha foto ou escribimos o nome de cada xogador, despois de lanzar este cubo e ver que membro da familia nos saíu lanzamos o dado dúas veces unha tirada para a fila e outra para a columna e respondemos a pregunta sobre ese membro que nos tocou no cubo que lanzamos en primeiro lugar. Estes e máis taboleiros están na web lapizdeele.com, por si queredes descubrir algún outro.

luns, 20 de abril de 2020

QUE AS TÚAS EMOCIÓNS NON QUEDEN CONFINADAS

Propoñemos una Guía feita pola psicóloga Vanessa Bielsa, ilustrada por Miguel Bielsa e  publicada polo Instituto Aragonés de la Mujer.
Neste manual aprenderemos a recoñecer as distintas emocións (Tristura, medo, enfado, preocupación...) que poden aparecer durante o confinamento e como expresalas dun xeito saudable e divertido.
Botádelle un ollo a ver que vos parece





Preme na imaxe para acceder á Guía

sábado, 18 de abril de 2020

TAXONOMÍA DE BLOOM


A Taxonomía de Bloom é unha lista de obxectivos educativos na que se clasifican habilidades e procesos que poden aparecer nas tarefas educativas escolares. Esta clasificación resulta útil e eficaz para establecer obxectivos de aprendizaxe do alumnado e así planificar o proceso de ensino. Temos que ter claro que non é posible entender un concepto si primeiro non se lembra, e de xeito similar, non se poden aplicar coñecementos e conceptos si non se entende e así sucesivamente.



A modo de resume, A Taxonomía de Bloom describe e xerarquiza unha serie de habilidades de pensamento que levan ao aprendizaxe.

Nesta táboa amósase a modo de resume unha breve descrición de cada proceso cognitivo, as palabras clave, accións, resultados e preguntas tipo asociados a estes.


Un exemplo coa taxonomía de Bloom:
Recordar: Sei enunciar o Teorema de Pitágoras
Comprender: Entendo a utilidade do Teorema de  Pitágoras e sei identificar a hipotenusa e osa catetos
Aplicar: Sei calcular o terceiro lado dun triángulo rectángulo dados os outros dous
Analizar: Podo atopar no meu entorno casos reais onde podo aplicar o Teorema de Pitágoras para cálculos de distancias
Avaliar: Podo indicar se un problema resolto mediante o teorema de Pitágoras está ben ou non, e neste caso podo identificar e corrixir o erro
Crear: Podo plantexar problemas de aplicación do Teorema de Pitágoras e crear preguntas de elección múltiple para un cuestionario.


xoves, 16 de abril de 2020

GUÍA PARA O ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL NA INFANCIA DURANTE O PERÍODO DE CONFINAMENTO


Estela Mediavilla Espinosa é a autora deste documento publicado polo Ayuntamiento de Rota. Pretende, nesta guía,  ofertar a nais e pais ferramentas e recursos a nivel emocional, que axuden aos cativos da casa a enfrontar esta situación de confinamento.


Preme na imaxe para acceder á Guía

martes, 14 de abril de 2020

CONTOS QUE CONTAXIAN ILUSIÓN


A Fundación Once ten una serie de contos onde os protagonistas coas súas vidas sinxelas, como calquera outro neno/a sen discapacidade,  contan os seus soños, ilusións, esperanzas, e por suposto, os seus temores e medos.
Para acceder ao listado de contos preme na seguinte imaxe.


Tamén podes visitar  o conto que che apeteza premendo no título.
Nacho Pista Tenista  Sobre a espiña bífida
Aitor Aviador  Sobre o TDAH
Rosalía a Espía  Sobre a xordeira
Amador Actor Sobre a parálise cerebral
Aurora Locutora Sobre a cegueira
Silvina Bailarina Sobre a síndrome de down
Pablo García Policía Sobre a acondroplasia
Aneta Poeta Sobre a tartamudez
Regina As da Cociña Sobre a xordocegueira
Calista Xornalista Sobre as IMID (Enfermidades do sistema inmunolóxico)

martes, 7 de abril de 2020

PROPOSTAS PARA UNHA SEMANA SANTA EN CORENTENA


A continuación deixámosvos unha serie de actividades e recursos polos que podedes optar esta Semana Santa
  • Comezamos con 3 contos


“Nube Branca quere ser astronauta” un conto de Pablo Nogueira e Manuel Uhia editado por Baía Edicións que poñen a nosa disposición durante este período de alerta sanitaria.


Preme na imaxe para acceder ao conto


“Quiero Salir” un conto de Cova Díaz e Nico Ordozgoiti, perfecto para que llo leades aos cativos da casa.


Preme na imaxe para acceder ao conto


“Coronavirus – Coronalibro en Pictogramas” un libro explicativo sobre o coronavirus, actividades que podemos facer na casa e as precaucións que debemos adoptar.


Preme na imaxe para acceder ao conto

  • Ideos Media proponnos un catálogo de “Experiencias e experimentos. 50 Actividades sensoriales para entretenerse en casa”




Preme na imaxe para acceder ao catálogo
  
  • Na web de Julían Marquina temos recompilados un total de 26 editoriais que ofrecen os seus libros electrónicos de xeito gratuíto (Moitas destas editoriais especializadas en banda deseñada) .



Preme na imaxe para acceder á listaxe completa

luns, 6 de abril de 2020

A RODA DO DUA (Deseño Universal da Aprendizaxe)

Antonio Márquez, nesta roda, proponnos unha serie de recursos para derribar os muros que impiden participar á totalidade do alumnado.  

 No seguinte arquivo temos a explicación de cada un dos recursos que compoñen a roda.

CURTAMETRAXES PARA LEVAR A CORENTENA


Na web tododisca.com  podemos atopar una serie de curtas relacionadas coa educación en valores moi axeitadas para estes días de confinamento. O listado de curtas é o seguinte:
  • “Piper” Historia que nos fala dos medos e como superalos.
  • “Party Cloudy” Transmite o valor da amizade e a importancia de aceptar aos demais tal cal son. 
  • “Knit to the last day of my life” Ás veces una retirada a tempo non é una derrota.
  • “Zero” Traballa temas como a discriminación e a capacidade de superación.
  • “Reach” Curta que nos fala de valores como altruísmo e solidariedade.
  • “Easy Life” Ensina a esforzarse cada día para aprender, madurar, superarse.
  • “The Present” Aborda o tema da discapacidade dende una perspectiva infantil.
  • “Retrocycling robot” Fomenta hábitos máis sostibles desde una idade máis temperá.
  • “The Fantastic Flying Books of Morris Lessmore” Historia que nos fala sobre a felicidade e ganas de vivir.
  • “Fort he Birds” Aborda o tema do respecto ás diferenzas.
  • “Cuerdas” Traballa o tema da inclusión.



 Preme na imaxe para acceder ao listado de curtametraxes da páxina

sábado, 4 de abril de 2020

RECOMPILACIÓN ACTIVIDADES PT E AL PARA TRABALLAR DESDE CASA


Desde o Blog “Nubecitas de sabiduría” de Murcia propóñennos una serie de recursos para traballar desde casa, nesta recompilación atopamos: Vídeos, actividades para xogar e cantar, tarefas para imprimir, aplicacións e webs de xogos educativos, visitas virtuais, recomendacións, visitas aos blogs e webs doutros profesionais ….


 Preme na imaxe e accede á recompilación

venres, 3 de abril de 2020

CONTOS SOBRE A DISCAPACIDADE


O Centro Español de Documentación sobre Discapacidade (CEDD) ten como obxectivos promover e difundir o coñecemento científico en materia de discapacidade, proporcionar acceso á información especializada e actualizada sobre discapacidade e asesorar no desenvolvemento e difusión das súas actividades editoriais, formativas, investigadoras e divulgativas.
No apartado de Bibliografías temáticas temos unha serie de contos e vídeo contos sobre a discapacidade; aquí poderemos atopar a curtametraxe “Cuerdas” e os contos “El secreto  de Pablo” e “Marcela inventora de palabras” entre outros moitos.
Animádevos e botádelle un ollo!




Preme na imaxe para acceder ao listado de contos e vídeo contos

xoves, 2 de abril de 2020

O CAZO DE LORENZO


O Cazo de Lorenzo, un conto metafórico de Isabelle Carrier para falar das diferenzas do alumnado.
Un conto que nos fala das dificultades e os obstáculos que hai que superar  para levar o día a día.


Preme na imaxe para acceder ao videoconto

O MUNDO AZUL

Dende o Blog Maestra Especial PT propóñennos un conto para traballar a sensibilización, a concienciación e o respecto á diversidade do aula, desta volta o conto titúlase "El mundo azul" e ten moito que ver co día de hoxe,  2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.


Pincha na imaxe para acceder ao conto

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Como cada 2 de abril o movemento asociativo do autismo promove unha campaña para visibilizar a realidade do colectivo, as capacidades, as necesidades e as prioridades.
Este ano baixo o lema "Podo aprender. Podo traballar" preténdese centrar a atención arredor de dous eixos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA:
Acceso a unha educación e un emprego de calidade que se acomode ás necesidades, prioridades, capacidades específicas de cada persoa con TEA.

 Preme na imaxe para acceder ao Manifesto