venres, 3 de abril de 2020

CONTOS SOBRE A DISCAPACIDADE


O Centro Español de Documentación sobre Discapacidade (CEDD) ten como obxectivos promover e difundir o coñecemento científico en materia de discapacidade, proporcionar acceso á información especializada e actualizada sobre discapacidade e asesorar no desenvolvemento e difusión das súas actividades editoriais, formativas, investigadoras e divulgativas.
No apartado de Bibliografías temáticas temos unha serie de contos e vídeo contos sobre a discapacidade; aquí poderemos atopar a curtametraxe “Cuerdas” e os contos “El secreto  de Pablo” e “Marcela inventora de palabras” entre outros moitos.
Animádevos e botádelle un ollo!




Preme na imaxe para acceder ao listado de contos e vídeo contos

xoves, 2 de abril de 2020

O CAZO DE LORENZO


O Cazo de Lorenzo, un conto metafórico de Isabelle Carrier para falar das diferenzas do alumnado.
Un conto que nos fala das dificultades e os obstáculos que hai que superar  para levar o día a día.


Preme na imaxe para acceder ao videoconto

O MUNDO AZUL

Dende o Blog Maestra Especial PT propóñennos un conto para traballar a sensibilización, a concienciación e o respecto á diversidade do aula, desta volta o conto titúlase "El mundo azul" e ten moito que ver co día de hoxe,  2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.


Pincha na imaxe para acceder ao conto

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Como cada 2 de abril o movemento asociativo do autismo promove unha campaña para visibilizar a realidade do colectivo, as capacidades, as necesidades e as prioridades.
Este ano baixo o lema "Podo aprender. Podo traballar" preténdese centrar a atención arredor de dous eixos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA:
Acceso a unha educación e un emprego de calidade que se acomode ás necesidades, prioridades, capacidades específicas de cada persoa con TEA.

 Preme na imaxe para acceder ao Manifesto