Compartimos estes documentos que pretenden axudar a mellorar relacións, crear climas de confianza no seo familiar e previr e regular condutas agresivas.
martes, 27 de outubro de 2020
luns, 26 de outubro de 2020
CADERNOS DE REFORZO DESCARGABLES PARA TODOS OS CURSOS DE E.P
A Editorial La Calesa fixo uns cadernos para traballar a lectura comprensiva, ortografía, expresión escrita, matemáticas.... todo organizado en cadernos por niveis e a disposición de familias, mestres e alumnado en xeral.
Para acceder preme no título do caderno que desexes.
martes, 20 de outubro de 2020
PROXECTO E.S.E. (EU SON EU)
O Programa E.S.E. (EU SON EU) é un Programa de Reforzo da Personalidade destinado ao alumnado de 4º de E.P. impartido por persoal da Asociación Érguete para a prevención e intervención en condutas aditivas.
Comezamos esta semana coas cinco aulas de 4º E.P. Entre os obxectivos do programa atopamos:
- Aprender a reflexionar sobre as súas propias accións e reforzar a toma de decisións.
- Sensibilizarse cos sentimentos alleos, valorando a sensibilidade e confianza.
- Establecer estratexias de afrontamento e comprender a importancia e valor do respecto.
- Aprender a relacionarse expresando desagrado cando sexa preciso sen molestar.
A sacarlle proveito rapaces.
sábado, 17 de outubro de 2020
CONVIVENCIA CEP ALTAMIRA
Desde a Comisión de Convivencia do centro crease un novo blog onde se irán subindo propostas para por en práctica nas aulas e si vos gusta, tamén nas casas. Propostas que van desde contos, dinámicas, curtametraxes, exercicios que nos fagan pensar e reflexionar….
Botádelle un ollo, premede na imaxe para acceder ao mesmo, tamén está o enlace colgado na parte dereita do Blog do Departamento de Orientación e na web do cole.




