Achéganse as festas de Nadal e na web EDUCACIÓN3.0 fixeron unha recompilación dos 90 mellores libros para docentes, botádelle un ollo.
mércores, 25 de novembro de 2020
domingo, 22 de novembro de 2020
RECOMENDACIÓNS, CONSELLOS E TÉCNICAS DE ESTUDO
mércores, 18 de novembro de 2020
TOLERANCIA
Entendemos a tolerancia como unha cualidade persoal que implica aceptar as opinións, crenzas e sentimentos dos demais, comprendendo que os diferentes puntos de vista son naturais e inherentes a condición humana.
A Tolerancia tamén se traballa e podemos facelo con actividades e dinámicas como estas:
- Predicando co exemplo.
- Demostrando respecto cara aos demais.
- Fomentando autoestima.
- Falando de sentimentos.
- Lendo contos e xogando en familia.
- Viaxando e coñecendo diferentes culturas.
- Corrixindo actitudes e estereotipos e valorando á diversidade.
Na web ayudaparamaestros.com atopamos 6 vídeos para traballar a tolerancia que pensamos poden ser de moita utilidade para ver na aula ou na casa.
Internet non pode ser unha excepción, cando navegamos pola rede precisamos rematar cos discursos de odio e apostar polo respecto e a diversidade.
Este documento resume de xeito claro e sinxelo como podemos
ser máis tolerantes cando usamos ás redes sociais ou simplemente facemos uso da
rede.
domingo, 15 de novembro de 2020
EMPATÍA
A empatía é a capacidade de comprender a vida emocional da outra persoa, a capacidade que nos permite observar o que sente, poñernos nos seus zapatos.
- Permite desfrutar das relación sociais, participando máis co grupo de amigos.
- Facilita a resolución de conflitos.
- Predispón a axudar aos demais e compartir
- Desenvolve capacidades como liderado, negociación, colaboración…
- Favorece a convivencia e é básica na prevención do acoso escolar
- Serve para construír relacións sólidas e enriquecedoras
A empatía podemos traballala do seguinte xeito:
- Pregunta, escoita e amosa interese.
- Presta atención aos seus sentimentos sen xulgalos.
- Acepta que cada persoa sente as súas propias emocións e sentimentos.
- Expresa emocións e sentimentos propios
- Amosa comprensión
- Representa dramatizacións
- Da exemplo
No seguinte vídeo danos algunhas ideas de como favorecer a empatía
Ser empáticos implica ser receptivo ante as emocións das persoas que nos rodean, e que teñamos a capacidade de identificalas, implica comprender e aceptar o que a outra persoa sente sen xulgala.
Lourdes Otero orientadora do IES Xosé Neira Vilas comparte este emocionario para que aprendamos a expresar como nos sentimos segundo distintas variables situacionais.
xoves, 12 de novembro de 2020
GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO EDUCATIVO
Presentámosvos esta Guía co fin de que o persoal docente teña información e ferramentas precisas para saber o que cómpre facer ante sospeitas ou coñecemento dunha situación de violencia de xénero, xa que unha adecuada intervención inicial pode ser fundamental para lograr unha eficaz atención e resolución destes casos.
Preme na imaxe para acceder á Guía
mércores, 4 de novembro de 2020
DIFERENTES
Presentámosvos este libro de Ángels Ponce e Miguel Gallardo que pretende que entendamos a discapacidade dun xeito sinxelo.
Fainos ver que todos temos capacidades diferentes cando, por exemplo, somos capaces de identificar aquelas tarefas que nos supoñen máis esforzo e dificultade para levalas a cabo.
Ao resto, o que de verdade importa, é que nos demos conta de que todas as persoas con ou sen discapacidade temos moitas cousas en común.






