O Departamento de Orientación do CEIP Juana de Vega en Oleiros acaba de compartir un documento con pautas, recursos e recomendacións para falar de conflitos bélicos con menores.
Moitas grazas polo fantástico traballo.
O Departamento de Orientación do CEIP Juana de Vega en Oleiros acaba de compartir un documento con pautas, recursos e recomendacións para falar de conflitos bélicos con menores.
Moitas grazas polo fantástico traballo.
O compañeiro Antonio J. Martín comparte estes documentos nos que recompila recursos de numerosos blogs e páxinas web nas que se abordan diferentes áreas como: atención temperá, audición e linguaxe, asociacións, pedagoxía terapéutica, familias, intelixencia emocional...
Na web https://innovacioneducativa.wordpress.com atopamos unha entrada cun conxuto de post que tratan de explicar de xeito sinxelo e breve conceptos relacionados coa formación, a aprendizaxe e a innovación educativa.
Compartimos esta Guía elaborada polo CEFIRE Educació Inclusiva da Generalitat Valenciá Conselleria d´Educació, Cultura i Esport con distintas estratexias e ferramentas para facilitar a implementación dos principios do Deseño Universal de Aprendizaxe que permitan identificar posibles barreiras e poder crear contextos de aprendizaxe accesibles.
Preme na imaxe para acceder á Guía
A Asociación de Saúde Mental Molina y Comarca edita esta Guía que pretende ser unha ferramenta que axude a nais, pais, docentes a incrementar o benestar emocional da xente moza.
Achega información sobre a saúde mental dos adolescentes/preadolescentes e factores asociados como o acoso escolar, as relacións de amizade ou as relacións de parella. Tamén inclúe información sobre hábitos de vida e ocio saudable ou como detectar problemáticas relacionadas coa saúde mental.