mércores, 15 de xuño de 2022
xoves, 9 de xuño de 2022
GUÍA PARA O USO RESPONSABLE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS
A Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica xunto coa Fundación Ingada (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados) veñen de publicar unha Guía onde se expoñen con claridade as razóns biolóxicas de porque as persoas con TDAH teñen máis predisposición a abusar e facer mal uso das novas tecnoloxías, tamén aporta consellos, pautas, claves... para facer un uso responsable das TIC.
Preme na imaxe para acceder ao documento
venres, 3 de xuño de 2022
CLAVES PARA RESOLVER DE FORMA POSITIVA CONFLITOS NA INFANCIA
Guía editada por CEAPA que pretende ser un instrumento que aporte ideas ou claves para xestionar algúns conflitos na casa de forma respetuosa e coherente.
Botádelle un ollo.
sábado, 28 de maio de 2022
DIFICULTADES DE APRENDIZAXE NA ESCOLA POR TRAUMA POR ADVERSIDADE TEMPERÁ. GUÍA DE DETECCIÓN E AXUDA.
Compartimos esta Guía editada por Adopción Punto de Encuentro que da a coñecer as consecuencias da adversidade na infancia temperá no desenvolvemento de nenos e nenas no ámbito educativo. Saber o porqué da súa desorganización, dispersión, impulsividade e todo aquilo que se poida derivar das funcións executivas alteradas.
Preme na imaxe para acceder ao documento.
venres, 20 de maio de 2022
BOLSAS ANEAE
O 18 de maio de 2022 publicouse a convocatoria para solicitar bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Podes acceder á convocatoria na seguinte ligazón e obter de xeito resumido información no seguinte enlace.
Poderán solicitarse a partir do 19 de maio de 2022 ata o 30 de setembro de 2022 no centro onde se vaian cursar os estudos no curso 2022/23.
As axudas están dirixidas ao alumnado que presente unha necesidade específica de apoio educativo derivda dalgunha das seguintes situacións:
- Discapacidade.
- Trastorno grave da conduta ou da comunicación e da linguaxe.
- Tratorno do Espectro Autista.
- Altas capacidades.
mércores, 18 de maio de 2022
ABUSO E MALTRATO INFANTIL
AMINO (Abuso e Maltrato Infantil NO) é unha entidade sen ánimo de lucro formada por profesionais de diversos ámbitos vinculados coa infancia e adolescencia.
Consideran que o abuso e o maltrato infantil é a realidade máis grave sufrida pola infancia e a adolescencia e que en todas as súas modalidades constitúe un problema social de tal gravidade que é preciso avanzar con respostas institucionais e cidadás.
Na súa web teñen recollido un documento onde abordan os diversos tipos de maltrato infantil, a súa detección, as actuacións dos profesionais...
- Fala abertamente co teu fillo/a sobre o seu corpo, ensínalle o nome de cada unha das súas partes e delimita cales son as súas zonas íntimas, ás que só el/ela pode ter acceso.
- Ensínalle que o seu corpo é seu e que lle pertence, faille saber que ninguén pode tocalo sen a súa autorización.
- Fálalle sobre o seu dereito para rexeitar un achegamento, unha caricia ou un bico co que se sinta incómodo/a, aínda que proveña dunha persoa próxima.
- Nunca lle obrigues a bicar, abrazar, sentar xunto a alguén se non quere. Deste xeito tamén lle ensinas que pode negarse a expresar o seu afecto cara a outra persoa se non quere facelo.
- Axúdalle a distinguir as formas de tocar "boas" e "malas".
- Explícalle a diferenza entre os distintos tipos de segredos: os segredos que se gardan entre amigos e os segredos incómodos que sería mellor non gardar.
- Acláralle que ningún adulto debe pedirlle axuda para facer algo sen o permiso dos pais.
- Establece quen son as persoas nas que se pode confiar. É moi importante que o neno/a coñeza a quen pode recorrer se se atopa ante unha dificultade ou ten un problema.
- Infórmalle sobre o abuso sexual. Cando o teu fillo/a sexa máis grande, podes falarlle sobre este tema, sen asustalo nin recorrer a moitos detalles.
- Escóitao sempre e incítao a falar contigo. Deste xeito estarás a fomentar a confianza, isto axudarao a contar segredos que considera "íntimos" e pedirache axuda si considera que está nunha situación de risco.




