xoves, 9 de febreiro de 2023

COMO FACER UN PROXECTO

O INTEF Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado acaba de publicar unha Guía onde ensina como podemos deseñar proxectos de aprendizaxe, isto é, o acto que nos permite pasar da toma de conciencia dun problema ou curiosidade ata recoñecer a aprendizaxe que fomos adquirindo polo camiño.

Preme na imaxe para acceder á Guía

luns, 30 de xaneiro de 2023

EN FORMA PARA ESTUDAR

O Colexio Nosa Señora do Pilar de Valencia publicou recentemente  unha Guía para estudar mellor na Educación Primaria baseada nas publicacións de Héctor Ruíz @hruizmartin e Juan Fernández @profesmadeinuk, dous dos autores máis importantes cando falamos da educación baseada en evidencias.

Preme na imaxe para acceder á Guía

xoves, 15 de decembro de 2022

FAMILIAS VISIBLES

Familias visibles é un banco de recursos elaborado polo mestre Rubén García Hernández con materiais para traballar as distintas estruturas familiares dun xeito tolerante e igualitario.  


Hecho con Padlet

xoves, 8 de decembro de 2022

RODA DO DUA

Banco de recursos actualizado onde poderás atopar ferramentas dixitas para aplicar o Deseño Universal de Aprendizaxe na aula.


xoves, 1 de decembro de 2022

PROTOCOLO DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Documento no que se recollen as cuestións normativas relevantes con respecto á protección de datos persoais nos centros escolares.

Este protocolo irase actualizando regularmente cos cambios normativos que se produzan.


Preme na imaxe para acceder ao Protocolo