venres, 9 de xullo de 2021
luns, 21 de xuño de 2021
BAUTISMO DE SURF PARA DESPEDIR O CURSO
O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello do Porriño, o Concello de Salceda de Caselas, a Escola Prado-Surf de Patos xunto co CEP Altamira, organizaron para o alumnado de 6º de Primaria unha proposta de ocio alternativo co fin de propiciar hábitos de vida saudables.
PROGRAMA BAUTISMO DE SURF
1.
Dia 11 e 12 de maio de 2021. Breve charla introdutoria no
centro.
2. Bautismo de surf. Levouse a cabo os días 7, 8 e 9 de xuño de 2021, onde recibimos 2h de clases prácticas na praia de Patos (Nigrán).
A actividade (totalmente de balde para o alumnado) incluíu todo o
material necesario (neopreno, táboa , licra…), así como licenza federativa e
seguro de responsabilidade civil, docencia personalizada (máximo 5 alumnos/as
por monitor) e servizo de transporte desde o centro e volta.
Grazas a todas as administracións implicadas.
martes, 15 de xuño de 2021
AXÚDALLE FRONTE AO ACOSO ESCOLAR
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acaba de publicar unha Guía para nais/pais co fin de poder axudar e actuar ante unha posible situación de acosos escolar.
Merece a pena botarlle un ollo.
Preme na imaxe para acceder á Guía.
martes, 8 de xuño de 2021
MÉTODO DE ESTUDO EFICAZ
No seguinte documento atoparedes ata 30 consellos para estudar de xeito eficaz.
Publicación que vai dirixida ao alumnado de 5º e 6º de E.P. e espero que o alumnado de 6º E.P. a teña en conta o vindeiro ano en 1º da ESO.
mércores, 2 de xuño de 2021
venres, 21 de maio de 2021
60 PROPOSTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA
Aula intercultural presenta este documento con ideas e propostas para unha educación inclusiva, pero cando falamos de educación inclusiva realmente de que estamos a falar?
Pois estamos a falar de:
- Promover a igualdade de dereitos e oportunidades para todas as persoas.
- Defender a heteroxeneidade e a diversidade como unha riqueza.
- Reforzar os procesos de ensinanza: ensinar a aprender e a pensar.
- Fortalecer á comunidade educativa e as relacións entre familias, alumnado e profesorado.
- Recoñecer relacións de interdependencia.
- Facilitar autonomía organizativa no centro e entre o persoal.
- Atender ás necesidades individuais e promover o desenvolvemento integral da persoa.
- Buscar o desenvolvemento de capacidades cognitivas, sociais e afectivas de todas as persoas.
- Avaliar o crecemento persoal en valores como o respecto, a tolerancia, a empatía, así como a capacidade de adaptación.
- Traballar desde a multidisciplinariedade.
- pretender xerar cambios sociais que aspiren a unha educación xusta e solidaria para todas as persoas.
Pois nesta guía atopamos resposta a estas preguntas así como ideas, actividades, propostas.... botádelle un ollo.
Preme na imaxe para acceder á Guía.

