Lorena Conde Vázquez realizou esta “Guía para o
acompañamento emocional na casa durante o periodo de confinamento” co obxectivo
de axudar a abordar as emocións durante dito periodo e tentando que o alumnado
sexa quen de xerar o seu propio benestar emocional.
xoves, 28 de maio de 2020
GUIA PARA O ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL NA CASA DURANTE O PERIODO DE CONFINAMENTO
venres, 22 de maio de 2020
E QUE MÁIS PODEMOS FACER?
Propoñémosvos a continuación una serie de recursos que
consideramos podedes aproveitar si vos apetece.
1.
MATEMÁTICAS BÁSICAS de Dylar Edicións
1º E.P. Cálculo de restas sen levadas. Problemas de sumas e restas sen levadas.
2º E.P. Cálculo e problemas de sumas e restas combinadas.
3º E.P. Cálculo de multiplicacións de ata tres cifras. Problemas de ata catro operacións.
4º E.P. Cálculo e problemas de sumas e restas con expresións decimais.
5º E.P. Cálculo e problemas de iniciación aos números fraccionarios.
6º E.P. Medidas, unidades de superficie, áreas de figuras planas.
2.
FICHAS DESENVOLVEMENTO DA INTELIXENCIA da Editorial
Santillana.
A intelixencia é una capacidade que se compón de diferentes funcións mentais. Traballamos nestes cadernos a atención, o razoamento matemático, a memoria, a lóxica, a comprensión verbal entre outras.
3.
MARATÓN NA CASA do gabinete psicopedagóxico Orientamedia
Material para traballar a comprensión lectora de xeito divertido
4.
CANLE DE YOUTUBE DO MUSEO DO PRADO
O Museo do Prado ofrece vídeos nunha canle de Youtube que explican dun
xeito divertido e entretido moitas das obras de arte presentes no museo.
5.
CONTOS DA PROFE ZAIDA
A profe Zaida ten varios contos para nós, todos están nunha canle
de Youtube e de seguro irán aparecendo máis e máis segundo pasen os días.
Grazas profe Zaida.
Contos da canle:
La verdad sobre los dinosaurios
6. FUNCIÓNS EXECUTIVAS.
As funcións executivas son un conxunto de capacidades cognitivas relacionadas entre si que inclúen un ou máis dos seguintes aspectos: Control atencional, planificación de metas e resolución de problemas, flexibilidade cognitiva de pensamento e acción, formación e abstracción de conceptos e procesamento da información... entre outras.
Nesta presentación do EOE de Cehegin dinos como se poden traballar, sen lapis, sen tablet.
xoves, 21 de maio de 2020
10 IDEAS E 30 FERRAMENTAS PARA AVALIAR AO ALUMNADO
Compartimos con vós esta recompilación que fixo Manu Velasco no seu blog “Ayuda para maestros”
IDEA |
FERRAMENTA |
PRESENTACIÓN DIXITAL |
|
INFOGRAFÍA |
|
CONCURSO DE PREGUNTAS |
|
BANDA DESEÑADA |
|
LIÑA DO TEMPO |
|
MAPA CONCEPTUAL |
|
PODCAST |
|
BLOG OU WEB |
|
VÍDEO |
|
ENCERADO OU MURAL DIXITAL |
|
MÁSCARAS
Desde hoxe é obrigatorio que usen máscara todas as persoas maiores de 6 anos na
vía pública, en espazos ao aire libre e en espazos pechados de uso público ou abertos ao
público e nos que non sexa posible manter a distancia mínima de seguridade de 2
metros entre persoas.
Non será obrigatoria a súa utilización para aquelas persoas
con dificultades respiratorias, aquelas que pola súa situación de discapacidade
ou dependencia presenten alteracións de conduta que faga inviable a súa
utilización.
Desde o Concello lémbrannos cales deben ser as medidas de
seguridade na reapertura da Casa da Cultura.
No Salón Virtual do libro de Pontevedra faise unha proposta
co fin de motivar cara ao seu uso.
Algúns consellos e estratexias que nos poden axudar a que os
nenos e nenas leven máscara poden ser:
Transmitir tranquilidade.
Usar palabras sinxelas para explicar porque os adultos levan
máscara, respostar as súas preguntas.
Dar tempo para ver e observar, para que se acostumen, practicar
o seu uso, como poñela e sacala…
Animar a decorala e personalizala dependendo do tipo que
sexa, ou decorar unha que xa non se vai usar, pódese facer en familia.
Si os nenos son de menor idade pódese comezar introducíndoa
en xogos como médicas e enfermeiros, facer obradoiros de teatro e
dramatizacións.
xoves, 14 de maio de 2020
EMOCIÓNS
As emocións son respostas que nos da o corpo ante situacións que ocorren ao noso arredor, estas emocións son información sobre como deberemos actuar ante o que está a suceder.
As emocións, poden sernos de moita axuda en diferentes aspectos, entre outros:
Axudan a coñecernos mellor; canto mellor coñezamos as respostas do corpo relacionadas coas emocións, mellor saberemos que emoción é a que estou a sentir e que me quere dicir.
Saber que precisamos; unhas veces reaccionase cunha emoción e noutras ocasións con outra, ao coñecer o significado desas emocións saberemos que nos ocorre e as necesidades que temos detrás.
Xestionalas e dar o que se necesita; unha vez saibamos a emoción que é e o que nos quere dicir, xa soamente precisamos facer, dicir, ou pensar aquilo que nos pide.
O coñecemento e control das nosas emocións aumentará a nosa autoestima.
A modo de resume as emocións vannos axudar a ser máis felices con nós mesmos e cos demais.
Na páxina web artevia.com atopamos este interesante Manifesto das emocións que vos serve para completar un pouco a información exposta anteriormente.
Na web Escuela de superpadres aparecen recollidos seis consellos para axudar aos nosos fillos e fillas a xestionar as emocións dun xeito positivo.
Na web Aulas Galegas atopamos un documento no que pon en valor o Traballo coas emocións, propoñennos unha serie de actividades moi sinxelas para recoñecer as emocións cos máis pequenos e dannos unha serie de técnicas e pautas para xestionar emocións relacionadas co enfado, tolerancia a frustración, rabia, malhumor... (PARA, PENSA e ACTÚA)
Desde o Equipo de Orientación Específico da Coruña ofértannos un documento con pautas e recursos para contribuír a acadar o benestar emocional.
O Centro de Formación e Recursos da Coruña tamén fixo unha
recompilación de actividades e recursos para o acompañamento emocional destinado a profesorado e familias.
EMOCREA en casa recolle algunhas actividades do libro EducaEMOción da Ed. Santillana para ser desenvoltas no contexto familiar.
Sesións de relaxación do programa RETO (Respecto, Empatía e
Tolerancia)
Monica Diz fai unha recompilación de recursos e técnicas de
relaxación.
Preme enriba de cada imaxe para acceder ao xogo
martes, 12 de maio de 2020
PACK DUA (Deseño Universal de Aprendizaxe) BÁSICO
Presentamos nesta entrada unha serie de ferramentas que tentan facernos ver, que en ocasións, cuns simples axustes nos nosos deseños das programacións, podemos eliminar gran parte das adaptacións curriculares e/ou reforzos educativos posteriores.
O documento feito por Antonio
Márquez consta dun repositorio de actividades feitas co pack DUA básico e os elementos que forman parte deste documento e que podemos describir do seguinte xeito:
AUDIO: Presenta a información en formato audio para que o alumno/a
poida superar as barreiras sensoriais ou de comprensión.
VÍDEO: Para facilitar a axuda en formato audio – visual podemos
optar por calquera ferramenta de edición de vídeo, entre outras Flipped
Primary.
LÉCTURA FÁCIL: Selecciona o texto que se vai empregar para
presentar a información e o das preguntas e actividades e convérteo nun texto
de lectura fácil seguindo as pautas que aparecen na infografía.
APOIO VISUAL: Fai unha tradución
sinxela e directa que recolla as ideas principais do texto por exemplo co programa
Pictotraductor.
FUNCIÓNS EXECUTIVAS: Cando lle pedimos a un alumno que exprese a
súa aprendizaxe podemos atopar situacións de dificultades para planificar metas
e ser consciente das súas propias habilidades cognitivas. O traballo con organizadores
gráficos editables axuda ao docente nesta tarefa.
RÚBRICAS: Moito alumnado implícase mellor na tarefa si de antemán coñecen
o que se espera deles na actividade e en función de isto poden elixir o seu
nivel de reto e tentar mellorar e progresar na súa aprendizaxe.
PORTFOLIO: Deixa que sexa o alumnado que decida a mellor forma de expresar as súas
aprendizaxes, dito portfolio pode ser en distintos formatos tanto manuais como
dixitais.
MULTINIVEL: Presentación de actividades con diferentes niveis de
dificultade en base a Taxonomía de Bloom. Ofertar ata seis niveis de
dificultade cognitiva á hora de traballar un determinado contido.
COOPERATIVO: Incluír a aprendizaxe cooperativa nas aulas, aporta unha dose extra de implicación por parte do alumnado.
Preme na imaxe para acceder á infografía
sábado, 9 de maio de 2020
CADERNOS DE DESENVOLVEMENTO EMOCIONAL EN FAMILIA
Presentámosvos nesta entrada uns cadernos elaborados polo Equipo Técnico de Orientación
de Granada onde se propoñen unha serie de actividades e tarefas para facer en
familia. Nestes cadernos atopamos contos, lecturas compartidas, apps
recomendables, cociña, manualidades, xogos, pintura, experimentos, movemento
baile e ritmo, relaxación... que nos van axudar a xestionar o tempo de xeito
productivo.
Lembrade que
traballar a educación emocional
contribúe ao benestar físico e psíquico
das nosas fillas e fillos.
Caderno de 1º e 2º de Educación Primaria
Caderno de 3º e 4º de Educación Primaria
Caderno de 5º e 6º de Educación Primaria
E si pola casa hai nenos en Educación Infantil, tamén temos un caderniño para traballar con estes, Ánimo!!!
xoves, 7 de maio de 2020
RECOMENDACIÓNS PARA CREAR RECURSOS ACCESIBLES PARA TODAS E TODOS
Compartimos un documento que nos pode servir de base á hora
de elaborar recursos educativos accesibles e mellor adaptados á diversidade de
alumnado da nosa aula.
![]() |
Baseado no manual: Información para todos. Las reglas europeas
para hacer información fácil de leer y comprender de Inclusion Europe
Preme na imaxe para acceder ao Manual