xoves, 21 de maio de 2020

MÁSCARAS


 

Desde hoxe é obrigatorio que usen  máscara todas as persoas maiores de 6 anos na vía pública, en espazos ao aire libre e en  espazos pechados de uso público ou abertos ao público e nos que non sexa posible manter a distancia mínima de seguridade de 2 metros entre persoas.

Non será obrigatoria a súa utilización para aquelas persoas con dificultades respiratorias, aquelas que pola súa situación de discapacidade ou dependencia presenten alteracións de conduta que faga inviable a súa utilización.

Desde o Concello lémbrannos cales deben ser as medidas de seguridade na reapertura da Casa da Cultura.


No Salón Virtual do libro de Pontevedra faise unha proposta co fin de motivar cara  ao seu uso.


Algúns consellos e estratexias que nos poden axudar a que os nenos e nenas leven máscara poden ser:

Transmitir tranquilidade.

Usar palabras sinxelas para explicar porque os adultos levan máscara, respostar as súas preguntas.

Dar tempo para ver e observar, para que se acostumen, practicar o seu uso, como poñela e sacala…

Animar a decorala e personalizala dependendo do tipo que sexa, ou decorar unha que xa non se vai usar, pódese facer en familia.

Si os nenos son de menor idade pódese comezar introducíndoa en xogos como médicas e enfermeiros, facer obradoiros de teatro e dramatizacións.



xoves, 14 de maio de 2020

EMOCIÓNS


As emocións son respostas que nos da o corpo ante situacións que ocorren ao noso arredor, estas emocións son información sobre como deberemos actuar ante o que está a suceder.

As emocións, poden sernos de moita axuda en diferentes aspectos, entre outros:

Axudan a coñecernos mellor; canto mellor coñezamos as respostas do corpo relacionadas coas emocións, mellor saberemos que emoción é a que estou a sentir e que me quere dicir.

Saber que precisamos; unhas veces reaccionase cunha emoción e noutras ocasións con outra, ao coñecer o significado desas emocións saberemos que nos ocorre e as necesidades que temos detrás.

Xestionalas e dar o que se necesita; unha vez saibamos a emoción que é e o que nos quere dicir, xa soamente precisamos facer, dicir, ou pensar aquilo que nos pide.

O coñecemento e control das nosas emocións aumentará a nosa autoestima.

A modo de resume as emocións vannos axudar a ser máis felices con nós mesmos e cos demais.

Na páxina web artevia.com atopamos este interesante Manifesto das emocións que vos serve para completar un pouco a información exposta anteriormente.



Na web Escuela de superpadres aparecen recollidos seis consellos para axudar aos nosos fillos e fillas a xestionar as emocións dun xeito positivo.



Rafael Guerrero psicólogo e formador de mestres e pais ofreceu unha charla moi interesante dentro do programa #AfundacionEncasa titulada "Claves para la gestión de las emociones" que podedes ver no seguinte enlace


Na web Aulas Galegas atopamos un documento no que pon en valor o Traballo coas emocións, propoñennos unha serie de actividades moi sinxelas para recoñecer as emocións cos máis pequenos e  dannos unha serie de técnicas e pautas para xestionar emocións relacionadas co enfado, tolerancia a frustración, rabia, malhumor... (PARA, PENSA e ACTÚA)



Desde o Equipo de Orientación Específico da Coruña ofértannos  un documento con pautas e recursos para contribuír a acadar o benestar emocional.

O Centro de Formación e Recursos da Coruña tamén fixo unha recompilación  de actividades e recursos  para o acompañamento emocional destinado  a profesorado e familias.

 

EMOCREA en casa recolle algunhas actividades do libro EducaEMOción da Ed. Santillana para ser desenvoltas no contexto familiar.

Sesións de relaxación do programa RETO (Respecto, Empatía e Tolerancia)


Monica Diz fai unha recompilación de recursos e técnicas de relaxación.


Tamén podemos xogar en familia








Preme enriba de cada imaxe para acceder ao xogo

martes, 12 de maio de 2020

PACK DUA (Deseño Universal de Aprendizaxe) BÁSICO

Presentamos nesta entrada unha serie de ferramentas que tentan facernos ver, que en ocasións, cuns simples axustes nos nosos deseños das programacións, podemos eliminar gran parte das adaptacións curriculares e/ou  reforzos educativos  posteriores.

O documento feito por Antonio Márquez consta dun repositorio de actividades feitas co pack DUA básico e os elementos que forman parte deste documento e  que  podemos describir  do seguinte xeito:

AUDIO: Presenta a información en formato audio para que o alumno/a poida superar as barreiras sensoriais ou de comprensión.

VÍDEO: Para facilitar a axuda en formato audio – visual podemos optar por calquera ferramenta de edición de vídeo, entre outras Flipped Primary.

LÉCTURA FÁCIL: Selecciona o texto que se vai empregar para presentar a información e o das preguntas e actividades e convérteo nun texto de lectura fácil seguindo as pautas que aparecen na infografía.

APOIO VISUAL: Fai unha tradución sinxela e directa que recolla as ideas principais do texto por exemplo co programa Pictotraductor.

FUNCIÓNS EXECUTIVAS: Cando lle pedimos a un alumno que exprese a súa aprendizaxe podemos atopar situacións de dificultades para planificar metas e ser consciente das súas propias habilidades cognitivas. O traballo con organizadores gráficos editables axuda ao docente nesta tarefa.

RÚBRICAS: Moito alumnado implícase mellor na tarefa si de antemán coñecen o que se espera deles na actividade e en función de isto poden elixir o seu nivel de reto e tentar mellorar e progresar na súa aprendizaxe.

PORTFOLIO: Deixa que sexa o alumnado que  decida a mellor forma de expresar as súas aprendizaxes, dito portfolio pode ser en distintos formatos tanto manuais como dixitais.  

MULTINIVEL: Presentación de actividades con diferentes niveis de dificultade en base a Taxonomía de Bloom. Ofertar ata seis niveis de dificultade cognitiva á hora de traballar un determinado contido.

COOPERATIVO: Incluír a aprendizaxe cooperativa nas aulas, aporta unha dose extra de implicación por parte do alumnado. 

Preme na imaxe para acceder á infografía

sábado, 9 de maio de 2020

CADERNOS DE DESENVOLVEMENTO EMOCIONAL EN FAMILIA

Presentámosvos nesta entrada uns cadernos  elaborados polo Equipo Técnico de Orientación de Granada onde se propoñen unha serie de actividades e tarefas para facer en familia. Nestes cadernos atopamos contos, lecturas compartidas, apps recomendables, cociña, manualidades, xogos, pintura, experimentos, movemento baile e ritmo, relaxación... que nos van axudar a xestionar o tempo de xeito productivo.

Lembrade que  traballar  a educación emocional contribúe  ao benestar físico e psíquico das nosas fillas e fillos.

Caderno de 1º e 2º de Educación Primaria


Caderno de 3º e 4º de Educación Primaria


Caderno de 5º e 6º de Educación Primaria


E si pola casa hai nenos en Educación Infantil, tamén temos un caderniño para traballar con estes, Ánimo!!!



xoves, 7 de maio de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA CREAR RECURSOS ACCESIBLES PARA TODAS E TODOS

Compartimos un documento que nos pode servir de base á hora de elaborar recursos educativos accesibles e mellor adaptados á diversidade de alumnado da nosa aula.

 



Baseado no manual:  Información para todos. Las reglas europeas para hacer información fácil de leer y comprender de Inclusion Europe

 

Preme na imaxe para acceder ao Manual


luns, 4 de maio de 2020

TAREFAS DIXITALMENTE ACCESIBLES

Antonio Márquez no seu blog comparte una infografía cun elevado número de axudas técnicas que nos van facilitar o acceso a multitude de tarefas, botádelle un ollo a ver que podedes aproveitar e cal credes que lle podedes sacar máis partido.